A Federación Galega de Rugby ou FGR é o ente encargado do fomento e a difusión do rugby en Galicia, rexida conforme ó disposto nos estatutos da Federación Española de Rugby, á cal representa no territorio galego. Historia A antiga FGR foi creada en marzo de 1943, con domicilio social en Vigo, disolta en 1952 e reconstituída de novo en 1957, volveuse inactiva durante os anos 70s.

A actual FGR foi creada en 1983, e a primeira xunta directiva foi a composta por: Presidente: Maximino Casares Ozores Vicepresidente: Manuel Garrido Arrüti Secretario: Ezequiel González Patiño Vocal: José Flores Vocal: Gerardo Dorda A FGR organiza tódolos anos a Liga Galega de Rugby cuxa primeira edición na tempada 83/84 contou coa participación de cinco clubs: o Marina (Ferrol), o Zalaeta (A Coruña), o Universitario (Santiago), o Bocoi (Vigo) e o Arquitectura Técnica (A Coruña).

Presidentes Primeira etapa Dende ????: Enrique de Sas Taboada Dende ????: Concejo Dende 1947: Fernando Pereiro Carrero Dende ????: Ramón Iglesias Louzao Segunda etapa Dende 1957: Castor Alonso Bar Dende ????: Ricardo Terre Marcelles Dende 1965: Joaquín Ocón García Etapa actual Dende 1983: Maximino Casares Ozores Dende 1991: Julián Valiente Romero Dende 1992: Gerardo Dorda Estrada Dende 1995: Antonio Lemos Mariño Dende 1999: Juan Manuel Espiña López Dende 2011: José Ignacio Cociña Iglesias

Licenzas En 2017 a FGR conta con: 16 clubs Clubs da FGR 23 árbitros 68 delegados 92 adestradores 440 xogadores categoría sénior 848 xogadores categorías inferiores

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación Galega de Rugby Outros artigos

Categoría:Rugby en Galicia Rugby