A lingua chaná (cuxo autoglotónimo é lanték yañá)) é unha lingua da familia charrúa que outrora foi falada polo pobo chaná nas rexións do que hoxe é a Arxentina e o Uruguai, a carón dos ríos Uruguai e Paraná-Guazú. O chaná está pobremente rexistrado. Existe unha curta gramática de Dámaso Antonio Larrañaga e unhas poucas listas de palabras. No ano 2005 descubriuse un semifalante de chaná.La Nación, "Investigan los orígenes de una extraña lengua indígena" 2005/July/01 O chaná está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
A UNESCO recoñécea como lingua viva, pero "nunha situación crítica", xa que só ten un falante nativo. A Cámara de Deputados da provincia de Entre Ríos recoñeceu a necesidade da súa preservación e protección gobernamental.Diario de Sesións da Cámara de Deputados da provincia de Entre Ríos, sesión do 3 de xullo de 2018.
Notas
Categoría:Linguas charrúas Categoría:Linguas do Uruguai