O 28 de outubro é o 301º día do ano do calendario gregoriano (302º nos anos bisestos). Quedan 64 días para finalizar o ano.
Acontecementos 312 - Batalla da Ponte Milvio: Constantino I o Grande derrota a Maxencio na pugna polo poder no Imperio romano. 1092: na Taifa de Valencia (na actual España), Al-Qádir morre asasinado por unha revolta encabezada polo cadí Ibn Yahhaf. 1340 - O rei Afonso XI de Castela vence os musulmáns na batalla do Salado, no Suroeste da Península Ibérica. 1538 - Illa da Española: mediante Bula de Paulo III (In Apostulatus Culmine) fúndase en Santo Domingo de Guzmán (hoxe capital da República Dominicana) a Universidade de Santo Tomé de Aquino (hoxe Universidade Autónoma de Santo Domingo), a primeira universidade en América. 1746 - Vicerreinado do Perú: Lima afectada por un terremoto. 1848 - España: inauguración do primeiro ferrocarril que funcionou en España: a liña Barcelona-Mataró. 1886 - Estados Unidos: o presidente Grover Cleveland inaugura a Estatua da Liberdade, regalada por Francia. 1918 - Checoslovaquia: un Comité Nacional proclama a independencia do Imperio austro-húngaro.
Nacementos miniatura|100px|Valle-Inclán 1467 - Erasmo de Rotterdam, escritor holandés. 1697 - Canaletto, artista italiano. 1728 - James Cook, navegante e descubridor británico. 1784 - José Tadeo Monagas, militar e político venezolano, presidente de Venezuela en tres ocasións. 1846 - Georges Auguste Escoffier, foi un chef francés, restaurateur e escritor que popularizou e renovou os métodos tradicionais da culinaria francesa.(m.1935) 1860 - Jigoro Kano, xaponés, fundador do Kodokan Judo. 1866 - Ramón María del Valle-Inclán, escritor galego en lingua castelá (m. 1936). 1901 - Ánxel Xohán, artista plástico galego (m. 1965). 1903 - Evelyn Waugh, escritor británico (m. 1966). 1904 - María Araujo Martínez, sindicalista, guerrilleira e política galega (m. 1989). 1906 - Xosé Filgueira Valverde, intelectual galego (m. 1996). 1984 - Oriana Méndez, poeta galega.
Mortes miniatura|100px|Alberti 1412 - Margarida I de Dinamarca, raíña (n. 1353). 1703 - John Wallis, matemático inglés. 1704 - John Locke, filósofo inglés. 1911 - Alfred Binet, psicólogo e pedagogo francés. 1939 - Zane Grey, escritor estadounidense. 1956 - Zenobia Camprubí, escritora e lingüista española. 1959 - Camilo Cienfuegos, revolucionario cubano. 1970 - Gamal Abdel Nasser, presidente de Exipto. 1998 - Ted Hughes, poeta británico. 1999 - Rafael Alberti, poeta español (n. 1902). 2017 - Xosé Manuel Carballo Ferreiro, sacerdote, escritor, ilusionista e animador sociocultural galego (n. 1944).
Santoral Santo Alfredo San Xudas Tadeu
Festas e celebracións Día do Non, en Grecia
Outros
Os 366 días do ano
Categoría:Outubro