KOffice é un paquete ofimático libre propio do contorno de escritorio KDE. Tódolos seus compoñentes son liberados baixo unha licenza libre. A versión KOffice 1.6.3 é a última versión estable dispoñible.

KOffice conta cos seguintes compoñentes:

KWord. Un procesador de texto con follas de estilo e soporte de frames para a edición estilo DTP de composicións complexas. KSpread. Unha folla de cálculo con soporte de múltiples follas, patróns e máis de 100 fórmulas matemáticas. KPresenter. Un programa de presentacións con posibilidades de empregar imaxes e efectos. Kivio. Un programa para a creación de diagramas de fluxo con patróns cargables dinamicamente. Desenvolvido por theKompany, que vende patróns adicionais (non licenciados en GPL). Karbon14. Unha aplicación para debuxo vectorial con múltiples ferramentas de debuxo e edición. Krita (formalmente coñecida coma Krayon e KImageshop). É un programa para a edición de gráficos bitmap, orixinalmente deseñado como un programa de debuxo con algunhas funcións de proceso de imaxes. Kugar e KChart. Xeradores integrados de informes e diagramas. KFormula. Un editor de fórmulas matemáticas integrado. Kexi. Un ambiente integrado para xestionar información. Axuda a crear esquemas de bases de datos, inserindo, consultando e procesando información.

KOffice inclúe un filtro de importacións para algúns formatos de ficheiro doutros programas e é publicada de forma independente a KDE. Este conxunto de aplicacións ofimáticas pode ser descargado na páxina oficial de KOffice.

KOffice 2.0 A serie actual de KOffice 1.6.x está deseñada para sistemas similares a UNIX pero a seguinte versión (2.0), liberada en maio de 2009 para desenvolvedores, testeadores e usuarios avanzados, engade compatibilidade para as plataformas Mac OS X e Windows. Esta nova versión de KOffice supón unha actualización maior que engade onde é posible compatibilidade con Flake e Pigment, e ademais un deseño de infrastrutura máis optimizado para se reutilizar e mellorar ó fin a experiencia dos usuarios á hora do seu manexo.

Véxase tamén Lista de Programas de KDE Outros artigos KDE OpenOffice.org Informática

Ligazóns externas Páxina oficial de KOffice

Categoría:Software libre Categoría:Soporte lóxico de productividade