María Isabel Vaquero Quintela, nada en Ourense en 1967, é unha activista da normalización lingüística do galego. Traxectoria Licenciouse en 1991 en Filoloxía Hispánica na subsección Galego-Portugués, na Universidade de Santiago de Compostela.
Traballa como técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela desde 1993 e desde 2000 é a responsable da súa Área de Dinamización. Foi membro fundadora da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. É concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación do Concello de Ames.
Obra Pronomes e cláusulas de relativo na prosa medieval galego-portuguesa (Memoria de licenciatura). Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución. Coautora de: Léxico panlatino de Internet: (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés) Da periferia á Rede. Internet en Galicia: lingua e contidos.
Notas
Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Filólogos de Galicia