Margarethe von Trotta, nada en Berlín o 21 de febreiro de 1942, é unha directora, actriz e guionista de cine alemá e membro do movemento de Novo cine alemán.Margarethe von Trotta en European Graduate School, consultado o 14 de maio 2010.
Traxectoria miniatura|Margarethe von Trotta (xaneiro de 2013) Filla do pintor Alfred Roloff e da aristócrata Elisabeth von Trotta, desde os seus anos formativos vinculouse aos estudos humanistas. A partir de 1965, comezou a traballar profesionalmente como actriz.
No cine colaborou en películas de corte vangardista co controvertido Herbert Achternbusch e o coñecido Rainer Werner Fassbinder.
En 1964 casou co editor Jürgen Moeller, pai do seu fillo o cineasta Felix Moeller e en segundas nupcias en 1971 con Volker Schlöndorff, co que formou unha parella creativa, desempeñándose como guionista en traballos como Die verlorene Ehre der Katharina Blum (1975). "Margarethe Von Trotta." German Flicks. HyperEd. Web. 2 de maio 2012.
Margarethe Von Trotta é directora emblemática da corrente do Novo cine alemán da década do 70, desde a cal xurdiron importantes figuras como Fassbinder, Schlöndorff, Werner Herzog e Wim Wenders. Mostrou un cine consistente que posúe unha visión particular e crítica da muller alemá e da súa complexa inserción na historia do século XX. "Birds Eye View: Filmmaker Focus: Margarethe Von Trotta." 2011 Film Festival: Celebrating Women Filmmakers. Birds Eye View. Web. 2 de maio 2012.
Os seus traballos, nos seus principios, foron catalogados polos críticos como "feministas". Realizou retratos acabados onde as mulleres expoñen a súa diversidade social e os individuos son explicados desde un interesante sentido histórico desde o cal, o presente non se pode desvincular do seu pasado.
Recibiu distincións internacionais como o León de Ouro do Festival Internacional de Cine de Venecia por Die bleierne Zeit e o Premio David di Donatello da Academia de Cine Italiano á mellor película europea para Rosenstrasse.
Filmografía Forget About Nick (2017) Die abhandene Welt (2015) Hannah Arendt (2012) Vision – Aus dem Leben der Hildegard von Bingen (2009) Ich bin die Andere (2006) Rosenstrasse (2003) Das Versprechen (1994) Zeit des Zorns (1993) Die Rückkehr (1990) Felix (1988) Fürchten und Lieben (1987) Rosa Luxemburg (1986) Heller Wahn (1983) Die bleierne Zeit (1981) Schwestern oder die Balance des Glücks (1979) Das zweite Erwachen der Christa Klages (1978) Die verlorene Ehre der Katharina Blum (1975)
Literatura
Gero von Boehm. Margarethe von Trotta. 24 de agosto de 2003. Entrevista en Begegnungen. Menschenbilder aus drei Jahrzehnten. Collection Rolf Heyne, Múnic 2012, ISBN 978-3-89910-443-1, p. 426–434 Thilo Wydra. Margarethe von Trotta – Filmen, um zu überleben. Henschel, Berlin 2000, ISBN 3-89487-359-0. Thilo Wydra. Rosenstraße. Die Geschichte. Die Hintergründe. Die Regisseurin. Nicolai, Berlin 2003, ISBN 3-89479-086-5. Dinara Maglakelidze. "Entrevista con Margarethe von Trotta. En: Nationale Identitäten in den westdeutschen und georgischen Autorenfilmen, VDM Verlag, Dr. Müller, 2008, ISBN 978-3-8364-9006-1, p. 232-239 Renate Möhrmann. Frauen erobern sich einen neuen Artikulationsort: den Film. En: Hiltrud Gnüg e Renate Möhrmann (eds.) Frauenliteraturgeschichte. Schreibende Frauen vom Mittelalter bis zur Gegenwart. J.B.Metzlersche Verlagsbuchhandlung Stuttgart 1985, ISBN 3 476 00585 2, p. 434–452, insbesondere p. 449.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
"Birds Eye View: Filmmaker Focus: Margarethe Von Trotta." "German Flicks: Margarethe von Trotta" Sus datos en Filmportal.de Margarethe von Trotta auf regieguide.de. Margarethe von Trotta Retrospektive 2011/2012 (PDF) en Münchner Filmmuseum
Categoría:Directores de cinema de Alemaña Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Artistas feministas