Zekeria Ebrahimi, nado o 9 de xaneiro de 1996, é un actor afgán.
Traxectoria Ebrahimi é coñecido polo seu papel no filme de 2007 The Kite Runner, no cal interpreta a personaxe de Amir cando era neno.
Recibiu moita atención dos medios de comunicación pola súa interpretación, tanto polo seu talento como actor como pola polémica que espertou no seu país o papel que fixo. Tivo que cambiar de escola despois de que os seus compañeiros hazaras o ameazasen de morte, e Paramount Pictures foi eventualmente forzado a trasladar a tres dos nenos da rodaxe ós Emiratos Árabes Unidos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Actores de Afganistán