Edizioni Piemme é unha editorial italiana especializada en libros de relixión, así como en ficción infantil e xuvenil. Fundada no ano 1982 en Casale Monferrato, dende outubro de 2003 forma parte do grupo Mondadori, o cal adquiriu o 70% das súas accións cun custo de €14,104 millóns. Entre as súas publicacións con máis sona están as sagas infantís de Ulysses Moore e Century de Pierdomenico Baccalario, e as obras de Khaled Hosseini, autor de O cazador de papaventos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Editoriais de Italia