Para a unidade romana de masa, ver '''Onza (masa). dereita|miniatura|300x300px|Uncia do sistema do aes grave emitida en Roma entre 275 e 270 a. de C., co característico motivo dun gran de cebada tanto no anverso como no reverso, e un punto que indica o valor da unidade A uncia (voz latina; en galego: "doceavo") ou onza romana foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, emitida tanto na República como no Imperio, con peso variable en función do sistema e cun valor da doceava parte dun ás."Uncia". En Melville Jones, J. R. (1990)."Uncia". En Mateu y Llopis, F. (1946)"Once". En Amandry, M. (2001)"Uncia". En Forum Ancient Coins.
Historia Moeda republicana dereita|miniatura|300x300px|Uncia coa cabeza de Roma con casco no anverso e a proa de barco no reverso No sistema ponderal dos primeiros tempos da República romana, a uncia naceu como unha unidade de peso romano-osca (23 gramos) equivalente á doceava parte dunha libra (nesa época de 273 gramos)."Uncia (1). En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
Baixo o sistema libral do aes grave, cunha libra de 327 gramos, emitiuse ocasionalmente como unha moeda de aproximadamente 27 gramos, nos primeiros momentos da produción romana de moeda fundida de bronce.
Os motivos máis recorrentes dos anversos destas bastas moedas con valor dunha uncia eran os cotobelos dunha man (ca. 289-245 a. de C), un gran de cebada (ca. 280-245 a. de C.) e o busto dunha alegoría de Roma con casco, neste caso coa proa de barco nos reversos, característica das cuñaxes de bronce desta época (a partir de ca. 240 a. de C.).Boyne, William. (1865). Páxina 7.
A uncia republicana deixou de emitirse a finais do século II."Uncia (2)". En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
Moeda do Imperio Xa en tempos do Imperio a uncia reviviu momentaneamente baixo os mandatos de Traxano (98-117 d. de C.) e de Hadriano (117-138 d. de C.), como unha pequena moeda de entre 11 e 14 milímetros de diámetro e un peso de entre 0,8 e 1,2 gramos, que probablemente se emitise unicamente para a súa circulación na parte oriental do imperio."Uncia (pl. unciae)". En Vagi, D. L. (2001).
Nos seus anversos, estas novas uncias exhibían o busto do emperador, carente de calquera lenda, e nos reversos as iniciais SC (Senatu Consulto) nunha grilanda."The uncia". En Roman bronze coins . www.monete-romanae.com"Uncia ". En Online Coins of the Roman Empire. www.numismatics.org
Múltiplos e divisores dereita|miniatura|300x300px|Moeda de cinco uncias (quincunx) cos cinco puntos que indican o valor de cinco unidades A onza romana como moeda tivo os seguintes múltiplos e divisores:Véxanse as respectivas entradas en Alfaro Asins, C. et al. (2009)
Divisores
Semuncia (media uncia). Quartuncia (cuarto de uncia).
Múltiplos
Dextans (dez uncias). Dodrans (nove uncias). Bes (oito uncias). Semis (seis uncias). Quincunx (cinco uncias). Triens (catro uncias). Quadrans (tres uncias). Sextans (dúas uncias).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Roma
Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699 Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3 Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305 Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946. Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Londres, 1990. ISBN 978-1852640262 Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8 Vagi, D. L. Coinage and History of the Roman Empire. Vol I-II: coinage. Taylor & Francis Group. 2001. ISBN 978-1579583163 William Boyne, A Manual of Roman Coins: from the earliest period to the extinction of the empire. W. H. Johnston, 1865.
Ligazóns externas
"Uncia". Descricións e fotografías de uncias en CoinArchives. Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso