miniatura|Memorial para unha muller morta en Chile en 2007 Feminicidio, ou femicidio, é un termo de crime de odio baseado no xénero, amplamente definido como o asasinato de mulleres, mais as definicións varían dependendo do contexto cultural. A autora feminista Diana E. H. Russell, unha das primeiras en usar o termo, defíneo como "a matanza de mulleres por homes, porque elas son mulleres". Outras feministas colocan énfase na intención ou propósito do acto que está sendo dirixido ás mulleres especificamente porque son mulleres; outros inclúen a morte de mulleres por outras mulleres.Corradi, C., Marcuello-Servos, C., Boira, S. and Weil, S. 2016 'Theories of femicide and their significance for social research', Current Sociology 64(7): 975-995. Special Issue on Femicide. DOI:10.1177/0011392115622256.
Moitas veces cuestiónase a necesidade de definir o asasinato de mulleres separadamente do homicidio. Os críticos argumentan que máis do 80% dos asasinados son homes, polo que o termo incidiría demasiado no asasinato menos prevalente de mulleres. Alén diso, o estudo do femicidio é un desafío social.Marcuello-Servós, C, Corradi, C., Weil, S. and Boira, S. 2016a ‘Femicide: a Social Challenge’, Current Sociology 64(7):967-974. Special Issue on Femicide. DOI: 10.1177/0011392116639358.
Definición Hai autoras e autores que se basean na terminoloxía usada por Jill Radford e Diana Russel, en Femicide: The Politics of Woman Killing, de 1992. Marcela Lagarde, antropóloga e feminista mexicana, utiliza a categoría "feminicidio" (asasinato de mulleres, termo homólogo ao homicidio), mais engade a significación política de xenocidio contra as mulleres.
Segundo Rita Segato, a tentativa de Marcela Lagarde de separar as dúas definicións non foi efectiva, pois os dous termos son usados indistintamente nos traballos sobre o tema. De maneira política, as dúas categorías, femicidio e feminicidio, teñen sido utilizadas para describir e denunciar mortes de mulleres en distintos contextos sociais e políticos.
Historia A expresión femicidio – ou femicide como foi formulada orixinalmente en inglés – é atribuída a Diana Russell. Utilizouna por primeira vez en 1976, durante unha declaración perante o Tribunal Internacional de Crimes contra Mulleres en Bruxelas. Posteriormente, Russel e Jill Radford escribiron o libro Femicide: the politics of woman killing, que se tornou unha das principais referencias para os estudosos do tema.
A categoría “femicidio” ou “feminicidio” gañou espazo no debate latinoamericano a partir das denuncias de asasinatos de mulleres en Ciudad Juárez (México). Desde o inicio da década de 1990, prácticas de violencia sexual, tortura, desaparicións e asasinatos de mulleres téñense dado nun contexto de omisión do Estado e consecuente impunidade para os criminais, conforme a denuncia de activistas políticas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Vítimas mortais da violencia machista en Galicia Infanticidio feminino na China Misoxinia Machismo Violencia contra as mulleres Feminismo Ligazóns externas Dopico, Montse (23/11/2018). Marcela Lagarde: "O feminismo é unha filosofía crítica universal que formula todos os temas que nos poidan interesar" Praza.gal. Rois Parga, Susana (29/1/2019). “Se non es libre, nunca vas ser igual” (16/1/2019). Sermos Galiza.
Categoría:Violencia contra as mulleres