Griselda Pollock, nada en Bloemfontein o 11 de marzo de 1949, é unha teórica das artes visuais, analista cultural e historiadora da arte británica especialista en estudos feministas poscoloniais. Dedicou parte da súa obra ó estudo da relación entre a muller e a arte. É coñecida pola súa innovación teórica e metodolóxica, combinada con lecturas de arte histórica e contemporánea, cine e teoría cultural. Dende 1977, Pollock foi unha das estudosas máis influentes da arte moderna, de vangarda, arte posmoderna e arte contemporánea. Tamén exerceu grande influencia na teoría feminista, a historia da arte feminista e os estudos de xénero.See Sue Malvern, "Griselda Pollock", in Chris Murray (ed.), Key Writers on Art: The Twentieth Century (Londres: Routledge, 2002) p. 199f.
Traxectoria Naceu en Suráfrica e trasladouse coa súa familia ó Canadá, onde pasou a súa adolescencia. Posteriormente trasladouse a Gran Bretaña onde estudou Historia Moderna na Universidade de Oxford (1967-1970) e Historia da arte Europea no Courtauld Institute of Art (1970-72). Recibiu o seu doutoramento en 1980 cun estudo sobre Vincent van Gogh e a pintura dos Países Baixos: unha lectura das súas nocións do moderno. Despois de ensinar nas Universidades de Reading e Manchester ingresou na Universidade de Leeds en 1977 como profesora de Historia da arte e Cine e foi nomeada Catedrática de Historias Sociais e Críticas da arte en 1990. En 2001 converteuse en Directora do Centro de Análise Cultural, Teoría e Historia na Universidade de Leeds, onde é Profesora de Historias Sociais e Críticas da arte.Griselda Pollock, Looking Back to the Future (Londres: Routledge, 2001) p. 363. En 2017, Griselda Pollock celebrou 40 anos de docencia na Escola de Belas Artes, Historia da arte e Estudos Culturais na Universidade de Leeds.
Notas
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Bloemfontein Categoría:Feministas do Reino Unido Categoría:Profesores da Universidade de Leeds Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Manchester Categoría:Artistas feministas