miniatura|Conferencia de 2008.
SAGE Publishing é unha empresa editorial independente fundada en 1965 en Nova York por Sara Miller McCune e agora con sede en California. Publica máis de 1 000 revistas e máis de 800 libros cada ano, así como traballos de referencia e produtos electrónicos en áreas como o negocio, humanidades, ciencias sociais, ciencia, tecnoloxía e medicina. SAGE tamén posúe e publica baixo Corwin Press (dende 1990), CQ Press (dende 2008), Learning Matters (dende 2011), e Adam Matthew Digital (dende 2012). Conta con máis de 1 500 empregados nas súas oficinas principais dos Ánxeles, Londres, Nova Deli, Singapur, Washington DC e Melbourne.
Notas
Categoría:Editoriais dos Estados Unidos de América