Cherríe Lawrence Moraga, nada en Whittier, California o 25 de setembro de 1952,Pignataro, p. 1. "Cherrie Lawrence Moraga: Introduction" é unha poeta, ensaísta e dramaturga estadounidense cuxa obra trata en especial das experiencias das mulleres lesbianas das minorías raciais dos Estados Unidos, en especial das latinas.

Traxectoria Filla de chicana e anglosaxón, estudou na universidade privada de Hollywood, licenciándose en 1974. Traballou como profesora nos Ánxeles durante tres anos, e nese tempo compuxo os seus primeiros poemas de amor lesbiano. O contacto coa obra e a persoa da poetisa Judy Grahn, fixo que medrase nela a necesidade de escribir como lesbiana e como chicana, e tamén aumentou a súa politización. En 1977, mudouse a San Francisco e en 1980 doutorouse na Universidade do Estado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado dos Ánxeles