Audre Geraldine Lorde, nada en Harlem, Nova York o 18 de febreiro de 1934 e finada en Saint Croix o 17 de novembro de 1992, foi unha escritora afroamericana, feminista, lesbiana e activista polos dereitos civís.
Traxectoria
Como poeta é especialmente coñecida polo seu dominio técnico e expresión emocional cos cales expresa ira e indignación polas inxustizas civís e sociais que observou ó longo da súa vida. Os seus poemas e prosa trataron en gran medida temas relacionados cos dereitos civís, o feminismo e a exploración da identidade feminina negra. A súa obra máis coñecida é Sister Outsider, un libro de ensaios que contén varios dos seus textos máis influentes das loitas contra o racismo, o machismo e a opresión heteronormativa como son "Non hai xerarquías na opresión" e "As ferramentas do amo non destruirán a casa do amo". Tras pasar pola experiencia do cancro de mama e reflexionar sobre as discriminacións sufridas polas mulleres, que se superpoñen ás de raza e de orientación sexual e que se suman á enfermidade, publicou en 1981 The Cancer Journals un texto dirixido tanto a quen viviu ou vive a experiencia, como para quen acompañan a outras no proceso.
Notas
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 1992 Categoría:Finados por cancro Categoría:Nados en Nova York Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana