240px|miniatura|Touciño (arriba) e touciño entrefebrado (debaixo). O touciño () ou lardo é a graxa que ten o porco debaixo da pel, particularmente a do abdome e a do lombo.touciño no dicionario da RAG. O sinónimo lardo úsase especialmente para referirse ao touciño do xamón.lardo no dicionario da RAG. miniatura|Touciño entrefebrado (beicon). É un produto cárnico que comprende a epiderme e as capas de tecido adiposo que se encontran baixo dela, na derme. Fundido, obtense a manteiga de porco.

Ás veces está entrefebrado, é dicir, que ten febras de carne ou magro. Daquela adoita chamarse touciño entrefebrado,entrefebrado no dicionario da RAG. bacon, ou beicon.Ás voltas con cousas de comer: beicons e touciños en USC, Un idioma preciso..

É un alimento de gran valor enerxético, unhas 9 kcal/g (37,7 kJ/g).

Etimoloxía Semella que a súa orixe está no latín tucca ‘caldo manteigoso’, que daría lugar a tuccetum ‘carne salgada’ e no latín vulgar a *tuccinum (lardo).

Consumo 200px|miniatura|Dátiles con beicon. En Galicia adoita encontrarse nos mercados (e consumirse) fresco ou conservado salgado e, modernamente, na industria, afumado (especialmente o béicon).

O touciño pode comerse cru, frito, asado, grellado ou formando parte do cocido,Sueiro, J. V. (1981), pp. 150-151. ou utilizado como ingrediente coadxuvante na saborización de pratos (por exemplo, nos arroces e nas pizzas). Así mesmo úsase para envolver pezas de carne en asados, especialmente de aves de caza, ou salchichas ou dátiles en tapas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cunqueiro, A. (1973): "A matanza caseira", en A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5, pp. 13–21. Sueiro, J.-V. (1981): Comer en Galicia. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-32-8.

Outros artigos Manteiga de porco Cocido

Ligazóns externas "El tocino" . Artigo da Universidade de Córdoba, 1998.

Categoría:Carne de porco Categoría:Aceites e graxas animais