L'Homme du train é un filme de Patrice Leconte do 2002 realizado como unha coprodución entre Francia, Alemaña, Reino Unido e Suíza.

Trama

Un estranxeiro (Johnny Hallyday) aparece nunha estación de tren dunha vila francesa coa intención de atraca-lo banco do lugar. Alí coñece a un mestre xubilado (Jean Rochefort). A pesar de nada os uniren aparentemente, os desexos ocultos de cada un crean unha relación que fai que todo cambie para eles.

Personaxes Johnny Hallyday como Milan Jean Rochefort como Manesquier Jean-François Stévenin como Luigi Charlie Nelson como Max Pascal Parmentier como Sadko Isabelle Petit-Jacques como Viviane Édith Scob como irmá de Manesquier

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes dirixidos por Patrice Leconte Categoría:Filmes de Paramount Vantage