O porco (tamén coñecido como cocho, marrán, chino ou quino) é un mamífero tipicamente doméstico, de nome científico Sus scrofa, aínda que algúns autores danlle o nome de Sus domesticus (ou Sus scrofa domesticus) para o diferenciar do porco bravo ou xabarín, ao cal se lle atribúe o nome de Sus scrofa.
Historia O porco domesticouse en Anatolia sobre o ano 7.000 a. C.Gran Enciclopedia Galega, Silverio Cañada, Lugo 2003, tomo 37, s.v. porco. Chegou a Europa dende Turquía, e hai probas da súa domesticación no sitio arqueolóxico de Çayönü, aínda que hoxe neste país este animal non aparece na gastronomía tradicional debido a ser agora un país islámico e esa relixión prohibe o consumo deste mamífero. Non existe en estado salvaxe na natureza.
En Galicia, a crianza do porco goza de gran tradición, como queda reflectido na popular matanza do porco de San Martiño ou a fama de xamóns coma o de Lalín (concretamente na parroquia de Bermés, ou o da Caniza.O refraneiro popular recolle así esta sona: Para porcos, na Cañiza. Ata 2024, as únicas festas gastronómicas en Galicia ó redor do xamón son a Feira do Xamón da Caniza e a Festa do Xamón de Bermés (Lalín).
Utilidade O porco críase sobre todo pola súa carne, ben para ser consumida fresca, en salgadura ou transformada en embutidos ou outros produtos cárnicos. Entre outros, do porco saen o lacón, o xamón, o touciño ou o chourizo. Este é o seu uso principal sobre todo na cría tradicional doméstica. Pero o porco fai bo o que se di del e ten outros moitos usos: Manufacturas: Pel: coiro suavehttp://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/recursos_jcyl/am/5_34pielycuero/html/la_piel.htm e xoguetes para animais. Pelo: para facer as sedas dos cepillos. Vexiga: unha vez limpa, inchada e seca podía ser usada como xoguete para os nenos. Hoxe fai parte da vestimenta das pantallas do entroido de Xinzo de Limia. Medicina: Órganos internos: pola súa similitude cos humanos poden usarse para o estudo e a experimentación Corazón: próteses valvulares cardíacas.http://www.fundaciondelcorazon.com/informacion-para-pacientes/tratamientos/protesis-valvulares.html Ollos: concretamente as córneas, que se usan como base para crear córneas bioartificiais que poidan ser transplantadas a humanos.http://elpais.com/diario/2010/11/22/necrologicas/1290380403_850215.html Intestino: Heparina. O intestino de porco é unha das fontes deste anticoagulantehttps://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/druginfo/meds/a682826-es.html. Sutura reabsorbible usada en cirurxíahttp://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1025-02552009000500011. Industria alimentaria: Pel, tendóns e outros restos: xelatina de uso alimentario, tamén coñecida como aditivo E-441. Neste caso aproveitase o coláxeno presente nos seus tecidos. Graxa: convertida por cocción en manteiga, esta pode ser usada como remedio tradicional, lubricante artesán ou como líquido de fritir ou materia prima doutras preparacións. O seu subproduto, o roxón, úsase para comer directamente ou como ingrediente doutras comidas.
Amais diso, tradicionalmente, sobre todo en Italia, usábase o porco para buscar trufas. O seu olfacto permítelle detectalas e co fociño e as patas foza ata atopalas.
Terminoloxía Entre outros nomes para porco en galego están o de cocho ou marrán. As crías do porco reciben os seguintes nomes (especialmente cando son moi novos e aínda maman): bácoro ou bacoriño, leitón, marrancho, rancho, reco, rello, relo, rengo, zacote ou marrote. O porco macho adulto denomínase verrón, cacheiro, cachaceiro ou cachazo. Se se dedica a cubri-las femias, porco da semente, porco colludo, porco pai e castal, castizal ou castizo (de aí o alcume de O Castizo que leva Cibrán, o protagonista da novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor).
Produción miniatura|dereita|Bacoriños nunha granxa. Os porcos críanse en numerosos países, aínda que os maiores consumidores de porco a nivel mundial están en Asia. Existe un importante comercio internacional e mesmo intercontinental de porcos e de carne de porco. Aínda que a China ten a meirande produción en termos absolutos, precisa importar grandes cantidades para satisfacer a demanda, que se ten incrementado notabelmente ao longo do seu desenvolvemento como potencia económica. Os principais exportadores de porco son os Estados Unidos, a Unión Europea e o Canadá. Por exemplo, a produción canadense foi de 22,8 millóns de porcos no ano 2008 e máis da metade foi exportada a 143 países.
Listaxe dos 10 principais criadores de porcos (2014)PaísProdución (millóns) 474,1 67,7 37,9 28,3 26,8 26,6 19,1 16,1 13,9 13,3 En todo o mundo986,6Fonte: Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura FAO
Razas de porco doméstico
Porco celta
miniatura|dereita|Porco celta. A raza de porco celta é unha variedade que até comezos do século XX era a maioritaria en Galiza. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, en 1999 púxose en marcha a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta. O apoio público coa creación dun rexistro da raza e a difusión das cualidades deste animal está a favorecer o rexurdimento da cabana maioritaria en Galiza, antes de se ver desprazada por novas razas que ofrecían un maior crecemento. miniatura|dereita|Dous porcos vietnamitas. Outras razas: Berkshire, porco ibérico, porco tamworth, porco vietnamita e porco galés.
O porco na cultura popular Miss Piggy, Babe e Porky Pig son personaxes moi coñecidos no mundo audiovisual. Os tres porquiños, Piglet de A. A. Milne, Wilbur da novela Charlotte's Web, The Sheep-Pig, Zhu Bajie ou Napoleón do libro A revolta dos animais, son exemplos de porcos famosos na literatura.
En Galicia
O porco e os seus produtos constitúen un importante elemento na gastronomía galega. Así, non pode estrañar que estea presente en numerosas festas gastronómicas repartidas por toda Galicia: Festa do Lacón: a mediados do mes de xullo, en Silleda (Pontevedra). Festa do Porquiño á Brasa: último domingo de agosto, na Amil (Pontevedra). Festa do Porquiño á Brasa: 16 de novembro, en Vilaxoán (Vilagarcía, Pontevedra). Festa do Cocido: celébrase, en Lalín, o domingo anterior ó domingo de Carnaval, desde 1969. Festa do Petote: celébrase en febreiro, en Carballedo, no concello de Cerdedo Cotobade. O petote, tamén chamado bolo de pote ou petelo, é un bolo feito de fariña milla e fariña triga, cocido na auga do cocido. Cocido do Porco Celta: celébrase en Sarria, en febreiro.
O porco na mitoloxía Entre as escasas mencións ós porcos na literatura épica grega, pódense citar as seguintes.
Na Eneida, do poeta latino Virxilio, nárrase a fuxida de Eneas de Troia, a piques de ser incendiada polos gregos, e a súa viaxe polo Mediterráneo, buscando o lugar idóneo onde fundar a súa cidade. Este lugar será Italia, onde fundará a futura cidade de Roma. Nesta viaxe van dar a Butrinto (na rexión de Epiro), onde reinaba Héleno (un dos fillos de Príamo) coa súa esposa Andrómaca (viúva de Heitor). Héleno era un afamado adiviño e explica a Eneas como recoñecer o lugar onde fundar a cidade:
Doutra volta, neste caso na Odisea, de Homero, Ulises chega cos seus homes á illa de EEa, onde reinaba a feiticeira Circe. Ulises mandou a parte dos seus homes a explorar a illa. Cando estes chegaron ó palacio de Circe foron recibidos con gran hospitalidade e convidados a un espléndido banquete, pero terminaron convertidos en porcos. Logo, Ulises obrigaría a Circe a devolverlles a forma humana:
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Guía de estudo dos porcos, da Universidade de California, Davis.
Outros artigos Refraneiro galego sobre o porco
Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencia)