Raffaella De Laurentiis, nada o 28 de xuño de 1954, é unha produtora de cine italiana. Entre os filmes que produciu salientan Conan o bárbaro, Conan o destrutor, Dune, Prancer, Dragon: The Bruce Lee Story, Dragonheart, The Forbidden Kingdom e Kull the Conqueror.

É a filla do produtor de filmes Dino De Laurentiis e a actriz Silvana Mangano. É irmá de Veronica De Laurentiis, quen é a nai de Giada De Laurentiis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Produtores de cinema de Italia