Budzhak é o sur da rexión histórica de Besarabia, agora forma parte do óblast de Odesa, en Ucraína. Localízase no Mar Negro entre os ríos Danubio e Dniester e Moldova.

O nome déuselle durante a ocupación otomá e deriva da palabra turca bucak (recanto) e nun principio designaba o territorio atinxido entre Akkerman, Bender e Ismail.

Budzhak foi e aínda é unha rexión multiétnica, os nogai habitaban a rexión ata o século XVIII cando foron forzados a emigrar pola colonización rusa. Unha parte da terra deixada polos nogais foi ocupada por gagausos e búlgaros. No século XIX chegaron colonos alemáns de Württemberg e Prusia, poboación que foi deportada en 1940. A antiga colonia xudía da rexión foi masacrada ou deportada durante a segunda guerra mundial. Segundo o censo ucraíno de 2001 a poboación da rexión era de 617.200: 40% ucraínos, 21% búlgaros, 20% rusos, 13% romaneses.

Distritos actuais Artsyz (Арциз/Arciz/Artsiz) Bilhorod-Dnistrovs'kyi (Білгород-Дністровський/Cetatea Albă/Akkerman) Bolhrad (Болград/Bolgrad/Bolgrad) Izmayil (Ізмаїл/Ismail/Izmail) Kiliya (Кілія/Chilia-Nouă/Kiliya) Reni (Рені/Reni/Reni/Tomarovo) Tarutyne (Тарутине/Tarutino/Tarutino) Tatarbunary (Татарбунари/Tatarbunar/Tatarbunary) Sarata (Сарата/Sărata/Sarata)

Categoría:Historia de Romanía Categoría:Xeografía de Romanía Categoría:Historia de Ucraína Categoría:Xeografía de Ucraína