miniatura|250x250px|Cuadrigato (ca. 225-212 a. C.), coa cabeza bifronte e laureada e a Vitoria guiando unha cuadriga O cuadrigato (en latín: quadrīgātŭs) foi unha moeda de prata emitida pola República Romana durante o século III antes de Cristo, caracterizada polo busto bifronte de Xano nos seus anversos e unha representación da Vitoria conducindo unha cuadriga nos seus reversos (que lle dá o nome), coa inscrición ROMA debaixo."Sistema Monetario en la República Romana: los Quadrigatos". En Imperio-Numismatico.comJiménez Peris, J. A. "Quadrigatus, las didracmas romanas ". En Numismático Digital.17 de agosto de 2016."Relative arrangement of quadrigatus issues". En Crawford, M. H. (1974). Vol I. Páxina 103.

O peso teórico desta moeda é de 6 escrúpulos (arredor de 6,8 gramos), o que a fai equivalente ao didracma grego do sur de Italia, e o seu diámetro rolda os 20 milímetros.García Garrido. M. "Acerca de unos divisores hispánicos relacionados con el victoriato". En Acta Numismática. Nº. 26. 1996. Páxinas 67-75: (...) A la llegada de los romanos a Hispania, la moneda de plata de éstos era una didracma llamada cuadrigato, de 6,80 gramos, (...) O cuadrigato cuñouse durante varios anos ata pouco antes da introdución do denario (cara ao 211 a. C.). Á parte do cuadrigato, cuñáronse tamén pezas de ouro coa mesma tipoloxía, con idéntico anverso, e que exhiben no seu reverso unha escena de dous soldados facendo un xuramento sobre un terceiro que sostén un porco, tamén coa lenda ROMA no pé.Alfaro Asins, C. et al.(2009). "Cuadrigato". Chaves Tristán, T. "Catálogo. 1. Monedas de plata". En Monedas romanas. I. República. Real Academia de la Historia. Madrid, 2005. Páxina 51 e seguintes. ISBN 84-95983-39-7

Crese que a elección de Xano para os anversos destas moedas se debe ao pechamento das portas do templo deste deus, indicativo dunha etapa de ausencia de guerra. Michael Crawford, no entanto, suxeriu que a cabeza bifronte de Xano representa os Dióscuros, e non a Xano, xa que este se representa adoito como unha figura madura e con barba.Crawford, M. H. (1974). Páxina 715.

Os historiadores da época romana, como Tito Livio e Plutarco, refírense frecuentemente a estas moedas temperás como denarios, aínda que as modernas referencias numismáticas as consideran moedas diferentes, producidas antes da estandarización do denario.Langhorne, J.; Langhorne, W. Plutarch's Lives. Vol. 2. Londres, 1813.Adkins, L.; Adkins, R. Handbook to Life in Ancient Rome. Oxford University Press. Oxford-Nova York, 1994. ISBN 978-0195123326

Tito Livio cita o cuadrigato, entre outros, en Ab urbe condita libri. XXII, 58: En época posterior houbo outra moeda, denominada vitoriato (lat. victoriatus) co valor equivalente a medio cuadrigato e, xa que logo, cun peso de 3 escrúpulos."Vitoriato". En Digalego. Dicionario de galego."Sistema Monetario en la República Romana: los Victoriatos". En Imperio-Numismatico.com

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Roma

Bibliografía

Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Breglia, L. (1951). Note stilistiche sul "quadrigato". Roma. Accademia Nazionale dei Lincei. Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. Cambridge University Press. Cambridge, 1974. ISBN 0 521 07492 4

Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata