Andre "Dries" van der Lof, nado en Emmen o 23 de agosto de 1919 e finado en Enschedeo 24 de maio de 1990, foi un piloto de carreiras dos Países Baixos.
Traxectoria Van der Lof era un industrial cuxa factoría fabricaba cables eléctricos, e competiu como afeccionado en eventos de automobilismo. Participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo, o Gran Premio dos Países Baixos de 1952, o 17 de agosto de 1952, onde xunto a Jan Flinterman foi o primeiro piloto dos Países Baixos en competir nunha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1. Participou nun HWM 52, retirouse da carreira logo de 70 voltas e non logrou puntos de campionato. Máis tarde comprou un Maserati 250F e competiu en carreiras históricas ata a década de 1980.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos Hersham and Walton Motors HWM 52 Alta 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED ITA NC 0
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados en Drenthe Categoría:Finados en 1990 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Países Baixos Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Hersham and Walton Motors