Pilar Ruiz-Lapuente, nada en Barcelona o 18 de maio de 1964, é unha astrofísica catalá que desenvolve actividades académicas como profesora na Universidade de Barcelona.

Traxectoria En 1998, foi unha dos membros do Supernova Cosmology Project, que determinou o descubrimento de que continúa a aceleración da expansión do Universo. E en 2004, liderou o grupo de traballo, que descubriu a estrela acompañante dunha anana branca que resultou na famosa supernova SN 1572, observada entre outros, por Tycho Brahe. En 2012, estudou con Jonay Gonzalez-Hernadez e outros colaboladores o campo da supernova histórica SN 1006. O seu traballo suxire que esta supernova vén da fusión de dúas ananas brancas.

En xeral, o método suxerido por Ruiz-Lapuente tivo gran repercusión e aplicouse tamén a remanentes de supernovas na Large Magallanic Cloud como no caso de Schaefer e Pagnotta onde tamén se puideron descartar proxenitores evolucionados e nun caso suxeriuse a fusión de ananas brancas como proxenitor da SNR 0509-67.5.

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua inglesa