dereita|miniatura|215x215px|San Finnian transmitindo a súa bendición aos Doce Apóstolos de Irlanda Os Doce Apóstolos de Irlanda (tamén coñecidos como Doce Apóstolos de Erin, Irlandés: Dhá Aspal Déag na hÉireann) foron os doce primeiros santos monásticos do século VI, que estudaron baixo a tutela de san Finnian (f. 549) na súa famosa escola monástica da abadía de Clonard en Cluain-Eraird, situada no actual Condado de Meath.
Historia A abadía de Clonard, situada na beira do río Boyne no moderno condado de Meath foi unha das principais escolas monásticas da primitiva Igrexia en Irlanda. Durante o século VI, algún dos representantes máis significativos da historia do cristianismo en Irlanda estudaron alí. Segundo se cre, a media de estudantes na abadía foi de 3 000 persoas, das cales os doce que estiveron baixo a tutela de san Finnian de Clonard foron coñecidos como os "Doce Apóstolos de Irlanda".
Os doce santos agrupáronse deste xeito no texto irlandés Dá apstol décc na hÉrenn (en irlandés moderno Dhá Aspal Déag na hÉireann). Este texto conservouse nun manuscrito pertencente a Michael O'Clery, datado en 1629. Segundo este manuscrito forman parte do grupo:
San Brandán de Birr San Brandán de Clonfert San Cainnech de Aghaboe San Ciarán de Saighir (nalgunhas tradicións, substituído polo propio san Finnian de Clonard) San Ciarán de Clonmacnoise San Columba de Terryglass San Columba de Iona San Laisrén mac Nad Froích San Mobhí Clárainech San Ninnidh San Ruadhán de Lorrha San Senán mac Geirrcinn
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Doce Apóstolos de Irlanda