Huelva é unha provincia andaluza, situada na zona occidental desta comunidade autónoma. Limita ó oeste con Portugal, ó norte coa provincia estremeña de Badaxoz, ó leste coa andaluza de Sevilla e ó sur é bañada polo océano Atlántico, de forma máis local co golfo de Cádiz. Ten unha extensión de 10.128 km² que se reparten un total de 79 municipios.
Demografía Huelva ten 483.792 habitantes, segundo o censo de 2005. A densidade de poboación da provincia é de 47,76 habitantes por quilómetro cadrado. O 30% da poboación vive na capital de provincia (ver Huelva).
Xeografía No norte de Huelva atópase Serra Morena, o que fai un enorme contraste cas chairas do sur da provincia. O parque nacional de Doñana, unha das maiores reservas da biosfera de Europa, atópase nesta provincia.
Clima O clima onubense é moi caloroso e ten unha grande exposición solar, a temperatura nunca baixa dos 10 °C (excepto na montaña). As precipitacións anuais son de 500 ml no sur e 1000 onde a paisaxe é máis montañosa.
Véxase tamén
Outros artigos Lista de concellos de Huelva.
Huelva, Provincia de