María Xosé Barjas Cortés, nada en Ourense en 1966, é unha actriz galega. É licenciada en Filoloxía Hispánica e actriz de dobraxe desde 1992. Gravou un CD con cancións infantís. No teatro actuou en numerosas obras do Centro Dramático Galego.

Filmografía Cinema Cabeza de boi, 1996 (curtametraxe) O Tesouro, 1996 (mediametraxe) Sei quen es, 1999 (longametraxe) A rosa de pedra, 1999 (longametraxe) La noche de las bellas durmientes, 2000 (longametraxe) O lapis do carpinteiro, 2002 (longametraxe) Bos días, 2006 (curtametraxe)

Televisión Series Rías Baixas (2000-2005). Como a señora Ruiz Galicia Express (2001). Como Sandra Novo Fíos (2002) Maridos e mulleres (2005-2006). Como Ana Matalobos (2011-2012). Como Belén.

Programas Noite espectacular (TVG) Pista de baile (TVG) Máxima audiencia (TVG) (2004)

Teatro

2025: Guerra, Teatro do Noroeste, dirección Eduardo Alonso.

Véxase tamén Ligazóns externas Maxo Barjas no soportal do audiovisual galego.

Categoría:Actores de Ourense Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de voz de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Premios María Casares Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes