miniatura|"Enema". Século XVIII. Museu Nacional do Azulejo, Lisboa. Denomínase enema,enema no Dicionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-453-3371-2. lavativa,lavativa no Dicionarios da RAG. ou clister, ao procedemiento terapéutico de introducir líquidos no recto ou no colon a través do ano, así como ao instrumento co que se realiza esta operación.

Os enemas poden llevarse a cabo por razóns médicas ou de hixiene, con fins diagnósticos, ou como parte de terapias alternativas ou tradicionais, e mesmo para obter excitación sexual.

Tipos de enemas Os enemas médicos ou por hixiene úsanse desde hai séculos e son basicamente de dous tipos:Ania Palacio, José Manuel (1995): Manual práctico de Auxiliar de Enfermería. Sevilla: Editorial MAD. ISBN 978-84-8883-456-0.

Enema evacuante

Os enemas evacuantes, que xeralmente actúan de inmediato (de 15 a 20 minutos como máximo), úsanse para tratar a retención fecal, a eliminación de fecalomas, ou o estrinximento, como, por exemplo, nas mulleres embarazadas úsanse para aliviar a molestia causada por este, que a algunhas lles produce a inxesta de suplementos nutricionais.

Enema opaco ou de retención

Os enemas opacos (ou de retención), que requiren a retención da substancia introducida durante dun mínimo de trinta minutos até varias horas, úsanse para introducir medicamentos ou substancias radiopacas, como o sulfato de bario, e así visualizar mediante exploracións radioscópicas ou radiográficas imaxes do tracto intestinal inferior con fins diagnósticos.Enema opaco no Dicionario galego de termos médicos.

Outros tipos Enema para alimentación Tamén existían enemas para a alimentación por vía rectal, pero actualmente están en desuso.

Enema clismafílico Os enemas clismafílicos son enemas que se realizan como vehículo para obter excitación sexual, é dicir, que forman parte de prácticas sexuais, como expresión ou variación de parafilias, sobre todo sadomasoquistas.Brater, Jürgen (2006): Sexualidad sin tabúes. Barcelona: Editorial Robinbook. ISBN 978-84-7927-856-4.

Substancias para enemas Os enemas evacuantes realízanse con auga, solucións salinas, solucións xabonosas, emulsións con aceite o con glicerina e solucións hipertónicas; existen tamén preparados comerciais. Xeralmente todas estas substancias aplícanse á temperatura corporal (37 °C).

Os enemas opacos ou de retención (ás veces precedidos por enemas de evacuación ou limpeza) fanse con aceite de oliva (enema oleoso ou emoliente), medicamentos diversos como antihelmínticos ou laxantes e antisépticos, sulfato de bario e líquidos con nutrientes en caso do enema alimenticio, así como líquidos para a hidratación (proctólise).

En medicina alternativa úsanse enemas de café para afeccións hepáticas polo seu efecto colerético (é dicir, activador da produción da bile).Palmetti, Néstor (2007): Intestinos: técnicas caseras para una vida saludable. Buenos Aires: Editorial Kier. ISBN 978-95-0175-352-3.

Contraindicacións Xeralmente non se deben practicar enemas nos seguintes casos:Osenat, Pierre (1995): Manual de la auxiliar sanitaria. Barcelona / Madrid: Elsevier España. ISBN 978-84-4580-285-4.

Inflamación intestinal Apendicite Peritonite Traumatismo abdominal Postoperatorio de cirurxías abdominais Sangrado de tubo dixestivo Sensibilidade aos compoñentes da fórmula Deshidratación Hemorroide

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas ¡Viva lo ‘kitsch'! Monumento ao enema en Zheleznovodsk, Krai de Stavropol, Rusia.

Categoría:Termos médicos Categoría:Erotismo Categoría:Procedementos médicos