O asasinato da irmá George (en ) é un filme estadounidense de 1968 dirixido por Robert Aldrich. Baséase na obra homómina de Frank Marcus. No filme, unha actriz de televisión lesbiana, June "George" Buckridge (Beryl Reid), enfróntase simultaneamente á perda do seu papel nunha popular serie e á ruptura coa súa parella, unha muller máis nova (Susannah York). Malia que a obra de Marcus era unha comedia negra, o filme está considerado un drama. Contén escenas de relacións lesbianas que non aparecen na obra orixinal, e amosa un tratamento serio desta orientación sexual.

Estreouse en galego o 21 de xuño de 2014 a través da TVG.

Personaxes

Beryl Reid como June "George" Buckridge Susannah York como Alice "Childie" McNaught Coral Browne como Mercy Croft Ronald Fraser como Leo Lockhart Patricia Medina como Betty Thaxter Byron Webster como Jack Adams Cyril Delevanti como Ted Baker Brendan Dillon como Bert Turner Hugh Paddick como Freddie Sivi Aberg como Diana Rosalie Williams como Mildred Elaine Church como Marlene Mike Freeman como Noel Meier Tzelniker como Mr. Emmanuel Katz Cicely Walper como Mrs. Margaret Coote William Beckley como director de planta Maggie Paige como Maid Jack Raine como Deputy Commissioner Dolly Taylor como Tea Lady

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1968 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Aldrich Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1968 con versión en galego