Art Cross, nado en Jersey City (Nova Jersey) o 24 de xaneiro de 1918 e finado en LaPorte (Indiana) o 15 de abril de 2005, foi un piloto de carreiras estadounidense. Foi o primeiro gañador do Premio ao Novato do ano da Indianápolis 500 en 1952.
Traxectoria Cross comezou a súa carreira nos midget cars en 1938. Recibiu un Corazón Vermello polas súas feridas durante a Batalla de Bulge na segunda guerra mundial.Biography at the National Midget Auto Racing Hall of Fame Regresou aos Midgets despois da guerra e correu nun dos "Little Iron Pigs" de Pappy Hough.
Cross gañou o primeiro premio da Indy 500 ao novato do ano logo dun quinto posto nas 500 Millas de Indianápolis de 1952. Cross usou usou o seu premio para comprar unha granxa preto de LaPorte, Indiana.
Terminou segundo nas 500 Millas de Indianápolis de 1953 detrás de Bill Vukovich. A pesar de ser un dos máis cálidos Indy 500 da historia, Vukovich e Cross completaron toda a carreira sen alivio. O piloto Carl Scarborough morreu pola calor. O coche de Cross foi o "Springfield Welding Special", que era propiedade de Bessie Lee Paoli, que era a única muller propietaria da época.
Despois de retirarse das carreiras, centrou a súa atención en dirixir a súa granxa en LaPorte, Indiana. Posteriormente involucrouse nun negocio de equipos pesados e na construción. Ingresou no National Midget Auto Racing Hall of Fame en 1992.
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
AnoCocheGrellaCual.Ranq.FinalVoltasLíderRetirada195233 20 134.288 26 5 200 0 Acabou195316 12 137.310 8 2º200 0 Acabou195445 27 138.675 14 11 200 8 Acabou195599 24 138.750 23 17 168 24 RetTotais 768 32 Saídas4Poles0Primeira liña0Vitorias0Top 52Top 102Retiradas1
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Bowes Seal Fast / Ray Brady Kurtis Kraft 4000 Offenhauser L4 SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED ITA 20º 2 Springfield Welding / Paoli Kurtis Kraft 4000 Offenhauser L4 ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA 10º 6 Bardahl / Ed Walsh Kurtis Kraft 4000 Offenhauser L4 ARX 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP NC 0 Bardahl / Ed Walsh Kurtis Kraft 500C Offenhauser L4 ARX MON 500 BEL NED GBR ITA NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Obituary
Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Finados en 2005 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Kurtis Kraft Categoría:Pilotos das 500 Millas de Indianápolis