Poemas pendurados de un cabelo é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero publicado en 1952 e reeditado en 1980.
A primeira edición, na Colección Xistral, estivo ao coidado de Ánxel Johán.
Características 1ª parte: Entre o verde e o azul. Cinco poemas de carácter filosófico-moral nunha atmosfera escéptica pero non desesperada.
2ª parte: Poemas pendurados dun cabelo. Sete poemas onde o motivo central son os anxos, ansia da plenitude que está presente en toda a obra de Carballo Calero.
3ª parte: A soleira de ouro. Destacan dous temas: o feminino en canto símbolo da beleza absoluta e as diversas dimensións do amor.
Segundo Henrique Rabuñal: o poeta defende a beleza e a palabra, e canta, admirado o que non entende. Na pregunta reside a verdade.
A muller como tema aparece mesmo entrelazado co motivo dos anxos; e a carón do tema amoroso aparece a temática da muller como obxecto da Natureza, dotado dun poder simbólico para aludir á Natureza mesma, á vida mesma . O propio autor deixou dito sobre ese tema:
Poemas Entre o verde e o azul
Son 5 poemas sen título
Poemas pendurados dun cabelo Sen título
Etxelnburg Sen título
Sen título
Sen título
Autobus Rosas A soleira de ouro
Son seis poemas sen título Notas
Categoría:Obras literarias de 1952 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de poesía en galego