Isabel. Comédia en tres actos (1945) é unha peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada en Ediciós do Castro en 1982 .
Segundo Sindo Villamayor:
Para Henrique Rabuñal: E:
Personaxes Dona Xulia Rosalía Rego Isabel O Espolique Mario Quiroga Rafael
Desenvolvemento A acción desenvólvese nun pazo de Galicia, na época actual. Acto I Dona Xulia é a ama, a criada de sempre na familia, vén da cidade onde vivía co señor, dille á nova criada da aldea, Rosalía, que a trate de dona e non de señora. Conversan as dúas sobre o servizo das criadas e a súa disposición. Rego é o criado que vai e vén coa besta levando o correo e os recados.
Falan de que o señor, don Mario, non sae case nunca, está recluído en si mesmo desde que lle morreu a muller, dona Isabel. Mais saíu ver o seu amigo, o fidalgo don Rafael.
Inesperadamente chega unha moza que se fai chamar Isabel e se comporta como se fose a señora do pazo ante o asombro dos criados.
Rosalía canta: .
Acto II Isabel goberna o pazo coma se o fixese sempre con tino e sabendo de todo.
Chega un cabaleiro descoñecido, Quiroga, e infórmase por Rosalía da vida do pazo e de quen é e como vive don Rafael.
Encóntranse Mario, Rafael e Quiroga. Conta Mario que o visitante é un antigo compañeiro seu de estudos e grande amigo da cidade, e que se alegra moito da visita. Xulio Quiroga dille que vén velo e tamén coñecer a súa señora.
Aparece Isabel que é presentada a Quiroga. Remata o acto dicindo Quiroga á parte:
Acto III Quiroga infórmase con Xulia do ben que leva a casa Isabel, a criada coñeceuna cando veu ao pazo. O mesmo acontece co criado Rego, tamén a coñeceu así.
Nunhas intervencións moi longas Quiroga cóntalle a Rafael toda a historia de Mario de cando vivía na cidade. Namorou de Isabel e casaron. A delicada saúde dela decidiunos a vir á aldea dos avós por ver se melloraba. Mais morreu ao chegar e desde entón Mario quedou desfeito, sen superalo, pechado en si mesmo no pazo.
O grupo de amigos de Quiroga na cidade segue coa súa vida e entre alcohol e alcohol deciden contratar a unha actriz secundaria para que faga o papel de Isabel e alegre a Mario. Adéstrana moi ben contándolle todo o que ten que saber e mándana ao pazo para ver en que dá a cousa. Esa é a razón da súa visita, saber como está o experimento.
Rafael coméntalle que todo o servizo non chegara a coñecer a verdadeira Isabel, só coñece a esta. El mesmo estaba intrigado sabendo da morte da primeira mais vendo agora que coa segunda Mario reviviu e todo vai mellor non se atreveu a facer preguntas. Por fin agora enténdeo todo.
O espectador coñece a reacción final de Quiroga e de Rafael, observa a Isabel e Mario. Remata a peza cantando Rosalía:
Características Carballo Calero díxolle a Carmen Blanco:
Notas
Categoría:Obras literarias de 1982 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de teatro en galego