Os xefes. Drama en tres actos é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero escrita en 1980 e publicada en Ediciós do Castro en 1982.
Personaxes Personaxes do Acto I Xeneral Caión Xeneral Brandariz Capitán Souto Xeneral Braña Xeneral Soandres Tenente Axudante do Xeneral Brandariz Secretario do Ministro de Información Ministro de Información Albertina Ferreira Lucía Reali Jonh Smith Alfred Schmith Pierre Dupont Unha voz ao dictáfono Un soldado Cinco Xenerais de Estado Maior Personaxes do Acto II Xeneral 1º Xeneral 2º Xeneral 3º Xeneral 4º Xeneral 5º Xeneral Bravo Un Capitán Luía Reali Ministra de Propaganda Secretaria da Ministra de Propaganda Secretario da Ministra de Propaganda Xeneral Dragón Personaxes do Acto III Un Diplomático Unha Secretaria Un Criado Xeneral Dragón Xeneral Braña Embaixador de Dilandia
Desenvolvemento A acción desenvólvese nun lugar do interior de Galicia, na época actual e en tempo de inverno.
Acto I
Despacho do Xeneral Brandariz no cuartel xeral das forzas que sitian Gaibor.
Conversan o Xeneral Caión e o Xeneral Brandariz sobre a situación da guerra. O tema é a estratexia do inimigo comandado polo Xeneral Dragón que foi abandonando parte do territorio para facerse forte na capital.
O xeneral Brandariz e o Xeneral Caión falan de como levaren adiante a campaña e venceren o inimigo.
O xeneral Brandariz e o Ministro de Información conceden unha rolda de prensa a varios xornalistas estranxeiros respondendo a preguntas sobre a situación da guerra e da política no seu bando.
Acto II
Agora é o cuartel xeral do xeneral Dragón na cidade sitiada de Gaibor.
Os xenerais analizan a situación da guerra e a decisión tomada de repregar todas as forzas armadas á capital.
O xeneral Bravo e a Ministra de Propaganda concédenlle unha entrevista a Lucía Reali, unha das xornalistas que xa estivera nas preguntas co outro bando. Analizan a situación política e da guerra.
Acto III
Despacho da Embaixada de Dilandia en Gaibor.
Prepárase unha entrevista entre os xenerais dos dous bandos, o xeneral Braña e o xeneral Dragón, para ver a posibilidade de rematar a guerra ou continuar unha tregua.
Os dous eran amigos ata hai tres anos, coñecíanse as familias. Agora están atrapados en lados diferentes, un pola extrema dereita e outro pola extrema esquerda. Falan e vense incapaces de acabar a guerra porque os políticos dos dous bandos non llelo van permitir.
Mais chegan a un acordo que, no fondo, lles vai permitir saír gañando aínda que non o pareza.
Características Carballo Calero dixo sobre a obra:
E tamén:
Para Henrique Rabuñal: E engade o mesmo autor: Resulta fácil establecer paralelismos entre o conflito teatral cos acontecementos da Guerra Civil española e co asedio de Madrid que Carvalho vive como miliciano do exército republicano.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1982 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de teatro en galego