Emilio Roberto Parada, chamado Emilio Disi, nado en Bos Aires o 2 de xaneiro de 1943 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 2018, foi un actor e cómico galego arxentino.
Traxectoria Emilio Disi naceu nunha familia de emigrantes galegos na Arxentina. O pai, José Luis Parada, viña de Leiro, e emigrara a Cuba antes de asentarse na Arxentina como empregado público na década dos vinte; a nai, Pura Yáñez, viña dunha aldeíña da provincia da Coruña e traballaba como cociñeira, modista, lavandeira e limpadora. O irmán máis vello, Pepe Parada, xa se dedicaba ao sector do espectáculo, e por iso a Emilio empezaron a dicirlle 'Paradita'. Para evitalo tomou o pseudónimo de Emilio Disi, porque así se chamaba unha óptica local (Di sí), que atopara de maneira aleatoria na guía de teléfonos.
O primeiro filme de Disi, en 1968 foi Humo de marihuana, onde interpretou un papel secundario. Ese mesmo ano filmou Somos los mejores e ao ano Fuiste mía un verano. Xa en 1974 gravou o filme Los golpes bajos, mais a sona na Arxentina chegoulle coa serie de televisión Los hijos de López (1980).
A década dos oitenta foi un tempo de grandes éxitos para Disi, xa que filmou películas exitosas como El telo y la tele (1985), Los bañeros más locos del mundo (1987, xunto a Gino Renni, Berugo Carámbula e Alberto Fernández de Rosa) e Bañeros II, la playa loca (1989, a canda Gino Renni e Guillermo Francella). Contra o remate desa década encabezou outra saga con Guillermo Francella: Los extermineitors, unha parodia da serie de películas estadounidense Terminator. Aínda que se chegaron a gravar catro fitas na saga (Los Extermineitors, Extermineitors II, la venganza del dragón, Extermineitors III, la gran pelea final e mais Extermineitors IV, como hermanos gemelos) Disi só participou das dúas primeiras porque despois rifou con Francella. Ao tempo tamñen traballaba en televisión, onde protagonizara programas que tiveran bastante impacto na época. En 1988 participou na comedia Stress e a mediados dos noventa na segunda edición do programa Brigada Cola a canda Fernando Lupiz, entre outros. Tamén tiveron sona os seus sketchs cómicos de Rompeportones, dirixido por Hugo Sofovich.
Xa no século XXI Disi traballou en producións de éxito na Arxentina, como Todas las azafatas van al cielo (2001) ou Bañeros III: todopoderosos (2006), nesta última acompañado dos tamén populares actores aló Pachu Peña, Pablo Granados e Freddy Villareal. Durante varios anos realizou coa presentadora arxentina Susana Giménez o sketch «Susana Spadafucile», onde interpretaba a Mariano Garipetti, o home dela. En 2005 participou en dous capítulos da sitcom Casados con hijos, e en 2008 participou na serie Todos contra Juan, interpretándose a si mesmo. Durante 2008 e 2009 formou parte do elenco dunha montaxe arxentina da peza de teatro La cage aux folles, a canda Rodolfo Ranni e Mercedes Carreras. En 2011 formou parte do cadro de actores da serie cómico-policial Los únicos.
Finou no hospital Instituto Fleming, do barrio de Colegiales, a causa dun cancro de pulmón.Murió Emilio Disi.
Filmografía Cine Ano Título do filme Papel que interpretou Dirixido por1968Humo de marihuanaLoco MelenaLucas Demare1968Somos los mejoresNeneFederico Padilla1969Fuiste mía un veranoSecretarioEduardo Calcagno1974Los golpes bajosMario Sábato1977La aventura explosivaOrestes A. Trucco1980Los hijos de LópezEmilio LópezEnrique Dawi1983Los reyes del sablazoEmilioEnrique Carreras1985El telo y la teleActorHugo Sofovich1985La búsquedaIrmán do xefeJuan Carlos Desanzo1986Brigada explosivaEmilioEnrique Dawi1986Brigada explosiva contra los ninjasEmilioMiguel Fernández Alonso1987Los bañeros más locos del mundoEmilioCarlos Galettini1987Los matamonstruos en la mansión del terrorEmilioCarlos Galettini1988Los pilotos más locos del mundoEmilioCarlos Galettini1988Las locuras del extraterrestreEmilioCarlos Galettini1989Bañeros II, la playa locaEmilioCarlos Galettini1989Los extermineitorsEmilioCarlos Galettini1990Extermineitors II, la venganza del dragónEmilioCarlos Galettini2002Todas las azafatas van al cieloSeñaleroDaniel Burman2006Bañeros III, TodopoderososEmilioRodolfo Ledo2008Brigada explosiva, misión pirataEmilioRodolfo Ledo2011Querida, voy a comprar cigarrillos y vuelvoErnesto ZambranaMariano Cohn e Gastón Duprat2011El destino del Lukongel mesmoGonzalo Roldán2012La pelea de mi vidaJorge Nisco2014FermínHernán Findling2014Muerte en Buenos AiresXuíz MoralesNatalia Meta2014Bañeros 4: Los RompeolasEmilioRodolfo Ledo2015Locos sueltos en el zooAlfredoLuis Barros2017Soy tu karmaAviadorWHOTelevisión Ano Título do programa Canal onde se emitiu Rol1970¡Robot!Canal 91971Alta comediaCanal 9Héctor - Flecha1972Me llaman GorriónCanal 9Gaona1980Los Piedra GómezDoris1980Los hijos de LópezATCEmilio López1981-1982Un departamento de comedia1982Casi una pareja1987La peluquería de don MateoCanal 13Perruqueiro fillo de don Mateo1987"Sume y lleve"Canal 9 Conducción 1988-1991StressCanal 13Emiliano1992-1994Brigada ColaTeleféDichi1998RompeportonesCanal 13varios1999PetardosAzul TV (Canal 9)varios1992-2005 / 2013- 2014-2016Susana GiménezTeleféSketchs2000Los IturraldeAmérica 2Emilio Iturralde2001Buen día para todos (BDPT)2002099 CentralCanal 13Fausto2003Tercer tiempoCanal 13Emilio2004Los de la esquinaTV Pública2004DinamitadosCanal 26varios2005Casados con hijosTeleféTito2011Los únicosEl TreceAmérico2012La peluTeleféFlorencio Costacurta2013Los vecinos en guerraTeleféLuis Alberto2014Embarcados a EuropaTV Pública Francesco Canducci2016-2017Susana GiménezTelefe
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha de Emilio Disi na web Cine Nacional (Bos Aires).
Categoría:Actores de televisión da Arxentina Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Finados por cancro Categoría:Actores de cinema da Arxentina