Remigio Armando Caula Abad, nado en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1828 e finado na mesma cidade o 30 de agosto de 1895,Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 30-8-1895, p. 3. foi un poeta, escritor, dramaturgo e profesor galego.

Traxectoria miniatura|259x259px|Remigio Caula, Jesús Caamano, Gustavo de Matos Sequeira, Javier Vaamonde, José Fondo, Alejo Carrera Licenciado en dereito, exerceu como avogado. Amante das letras, dedicouse á poesía, e en especial á arte dramática. Aínda mozo escribiu un drama, titulado Aniversario, que se estreou no Liceo de Santiago en 1847. Hai documentos nos que consta como propietario dunha fábrica de candeas dende 1841.

Marchou a Madrid e presentou no Instituto de Teatro un novo drama, que estreou en 1851. Escribiu en periódicos de Madrid e publicou varios dramas. Foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.

Fixo traducións, destacando a de La Novia de Abidos de Lord Byron, para El Museo Universal en 1869. Colaborou nos periódicos La Moda Elegante Ilustrada, Galicia Humorística, La Opinión Pública, El País, Semanario Popular, El Porvenir e escribiu no Almanaque de Galicia.

Obras Aniversario. Triste Ejemplo. Cantares Españoles. Luchas de amor y deber.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1828 Categoría:Finados en 1895 Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público