Leticia Iglesias GarcíaPerfil de Linkedin de Leticia, nada no Carballiño en 1979, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.
Traxectoria Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Cursou un mestrado en Xornalismo Audiovisual e especializouse en Economía e Finanzas polo Instituto de Empresa.
Comezou a traballar facendo prácticas en Televisión Española e Radio Galega. Despois estivo no canal de televisión Expansión TV como correspondente da Bolsa de Madrid, e en 2004 pasou a CNN+ na sección de economía, e compaxinou o seu traballo de redacción coa presentación de Globoeconomía. En 2005 incorporouse á edición dos informativos de CNN+, e en xuño de 2011 foi contratada polo grupo de comunicación Mediaset España para presentar o informativo matinal de Telecinco. En novembro de 2014 foi nomeada Directora de Comunicación de Coca-Cola. En xullo de 2017 incorporouse a Mediaset España, Informativos Telecinco como presentadora substituta e editora do primeiro informativo da cadea.
Vida persoal O 29 de setembro de 2012 casou con Juan Tejón Borbón —neto de Leandro de Borbón— no Pazo de San Lourenzo.
Recoñecementos Antena de Plata (2012)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Leticia Iglesias en cuatro.com
Categoría:Xornalistas do Carballiño Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes