Eugenia Pereira Rodríguez, nada no Carballiño o 3 de abril de 1895 e finada en Barcelona o 27 de xaneiro de 1984, foi unha farmacéutica galega, a primeira muller galega que obtivo a licenciatura de Farmacia de acordo coa Lei de 1910. Anteriormente, Manuela Barreiro Pico obtivera dita licenciatura grazas a un permiso.
Traxectoria A súa nai, Purificación Rodríguez, era comerciante. Non foi recoñecida polo seu pai, César Pereira Munín, avogado e notario, e fillo tamén dun notario, até o ano 1913. Estudou tres anos por libre no Instituto provincial de Ourense, hoxe Instituto Otero Pedrayo. Conseguiu sortear a oposición do seu pai e continuar os estudos na universidade UFC.
Inscribiuse en Farmacia en 1917 na Universidade de Santiago de Compostela combinando a opción libre e oficial e licenciouse en 1922-1923.Universidade de Santiago de Compostela. Arquivo Histórico Universitario. Expedientes personales, Leg. 1.044, Exp. 16 En 1920 tamén realizou na Facultade de Medicina a especialidade de hixienista. Doutorouse en Química pola Universidade Central de Madrid, e pouco despois en Farmacia. Segundo consta no seu expediente universitario, presentou a memoria Aplicación del Cloro en la depuración bacteriológica de las aguas potables de Madrid na Sociedad Española de Higiene. Foi a primeira galega que formou parte da Sociedade Española de Física e Química, en 1922.Gurriarán (2011)
en 1924, foi a primeira licenciada galega en conseguir unha bolsa de estudos da Junta de Ampliación de Estudos a través da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela para ampliar os seus coñecementos en enoloxía en 1923, viaxando a École Chimie en Bordeos, Francia, e tamén conseguiu outra que lle permitiu traballar no Instituto Pasteur de París.
En 1927 obtivo a praza de xefa do laboratorio químico da aduana de Barcelona, á que se presentara con vistas á futura creación dunha praza en Vigo. Alí monta o seu propio laboratorio, que inicialmente chamouse Pemur e logo Pereira, situado en Castelldefels. Eugenia rexistrou a seu nome varias patentesES0144204 A3 (16.02.1939); ES0144205 A1 (16.04.1942) relacionadas coa fabricación de pasta dentífrica. Deste laboratorio saíron moitos produtos, entre eles a pasta dentífrica Pemur, o Fluident, lapis de beizos, tratamentos para o calzado, preparados de pólvora, como o Soldent e medicamentos para a muller, como as pílulas circasianas. O primeiro deterxente líquido que se vendeu en España saíu deste laboratorio.
Casou con Manuel Castells e tivo dúas fillas, María Eugenia e Aurora. Maria Eugenia Castells Pereira foi premio extraordinario de licenciatura en Farmacia e en xuño de 2013 figuraba o seu nomeamento como presidenta dunha SICAV.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, E., Institucións docentes e grandes mestres en Ourense. 1846-2005, Galaxia, Vigo, pp. 338–339.
, Xoana. (2016). As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. [Tese de doutoramento] , Galaxia, Vigo.
Ligazóns externas
Eugenia Pereira Rodriguez una orensana pionera en farmacia/ no blog de Mujeres con Ciencia. Eugenia Pereira, científica galega e muller pioneira da farmacia en Gciencia.
Categoría:Nados en 1895 Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid