miniatura|Monumento aos Mártires de Carral, inaugurado en 1904, obra de Juan Álvarez Mendoza. Coñécense como Mártires de Carral os doce militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral.
A revolta
miniatura|Placa do monumento onde se citan ós fusilados. Sendo raíña de España Isabel II, que contaba daquela con 13 anos de idade, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrontamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación; outras prazas sumáronse nos días seguintes. O 15 de abril constituíuse en Santiago de Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia, que os sublevados consideraban literalmente tratada como "verdadeira colonia da corte".
Unha vez declarada a revolta, Solís dirixiu unha arenga aos seus soldados. Nesta alocución a intención do alzamento atópase claramente expresada no final do discurso:
O movemento foi un anatema para a Igrexa, que os acusaba de querer establecer unha "República e Convención" como a francesa.Beramendi, Xusto; "Historia mínima de Galicia"
A represión da revolta O gobernoNarváez foi Presidente (do Consello de Ministros) de 16 de marzo de 1846 ó 5 de abril de 1846 e Francisco Javier de Istúriz dende o 5 de abril ata o 28 de xaneiro de 1847. Non era a primeira vez que Narváez exercía (e deixaba) a presidencia, e non sería a última: en total houbo 7 gobernos Narváez entre 1844 e 1868. enviou tropas baixo o mando do xeneral José Gutiérrez de la Concha para recuperar o territorio. O día 23 de abril comezou a batalla de Cacheiras, na localidade homónima (concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto),A batalla de Cacheiras , páxina do concello de Teo. entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. (2013). Historia de Galicia , p. 221: "En Cacheiras [...] líbrase unha escaramuza, seguida pola retirada de Solís, que procurou o amparo dos muros de Compostela." A gran superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral De la Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera.
Solís refuxiouse nun primeiro momento no Mosteiro de San Martiño Pinario, pero entregouse esa mesma tarde. Foi xulgado tres días despois en Carral, nun xuízo sumarísimo, e condenado a morte xunto cos seus compañeiros sublevados. O medo á reacción dos seus simpatizantes explica que o xuízo tivese lugar en Carral e non en Santiago ou na Coruña. miniatura|300px|Homenaxe aos Mártires de Carral organizado polas Irmandades da Fala. Discurso de Manuel Lugrís Freire, 1931. Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis foron pasados polas armas na Fraga do Rei, entre Carral e Paleo, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo, sen que se escribise sobre as súas tumbas inscrición ningunha. O párroco, que presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria".
Recoñecemento
Dez anos despois, un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, cando, por iniciativa da Liga Galega da Coruña, se erixiu o actual, construído no centro de Carral con granito das canteiras do Illó (Barro) e deseñado polo arquitecto lucense Juan Álvarez Mendoza. Pódese ver o escudo de Galicia e unha inscrición que di: "Aos Mártires da liberdade. Mortos o 26 de abril de 1846". Este monumento, aínda que non se poida considerar en si un cruceiro, reúne motivación e formas de tal e, ademais, a estrutura da obra ten forma de cruz. Este recordatorio físico sería escenario de varias homenaxes, como a celebrada o 26 de abril de 1931 e da que se conserva unha fotografía na que se ve a Manuel Lugrís Freire dirixíndose aos asistentes.
Segundo conta Manuel Murguía, nesa curta primavera de 1846 só aflorou durante 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, que a pesar de dicirse liberal e moderado, tiña na súa contra á mediana e pequena burguesía, a moitos universitarios e bastantes profesionais próximos ó republicanismo. Aquela constituíu a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galicia cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte", en palabras de Antolín Faraldo.
Notas
Véxase tamén miniatura|Tettamancy, 1912, Los mártires de Carral. Bibliografía
Outros artigos Provincialismo galego Rexionalismo galego Nacionalismo galego
Ligazóns externas A revolución fallida que mudou o país, culturagalega.org. 4/5/2009. López Expósito, Sabela. "As primeiras manifestacións políticas do feito diferencial galego: O Provincialismo" "Los mártires de Carral que se alzaron en La Coruña" El Ideal Gallego, 26/10/2015 .
Categoría:Carral Categoría:Historia militar en Galicia en 1846
Categoría:Revolución de 1846