Terrasa ou Terrassa (en , pronunciado [təˈrasə]) é un municipio e cidade española da provincia de Barcelona, en Cataluña. É, xunto con Sabadell, a capital da comarca do Vallès Occidental, ademais de ser a cuarta cidade en poboación de Cataluña.
Xeografía Terrasa sitúase aos pés da Cordilleira Prelitoral Catalá (Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac) a 286 metros sobre o nivel do mar e 41º33'40" latitude norte, e a 2º0'29" de lonxitude leste. A 28 km de Barcelona e 20 de Montserrat.
Historia Os vestixios atopados indican que a zona na que se asenta Terrasa estivo habitada desde a prehistoria. En 2005, durante os traballos de soterramento dunha das liñas do ferrocarril da cidade, atopouse uns restos arqueolóxicos con ferramentas de pedra e fósiles de animais datados entre 700000 e 900000 anos de antigüidade, que o converten nun dos poucos con restos dos primeiros poboadores de Europa .
Herdeira da antiga Egara romana, sé episcopal no século V, conserva un importante patrimonio medieval no que destaca o conxunto monumental das igrexas románico-visigóticas de Sant Pere, Sant Miquel e Santa María. Outros vestixios medievais importantes son o castelo cartuxa de Vallparadís (hoxe museo municipal) e a torre do Palau. No século XIX a cidade foi protagonista da revolución industrial con especial dedicación aos tecidos de la, da importancia que chegou a conseguir son froito edificios modernistas como a Masía Freixa (actual conservatorio de música), o vapor Aymerich Amat i Jover (actual Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña), o Teatro Principal, o Mercado da Independencia, o concello ou a casa museo Alegre de Sagrera.
Demografía + Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 20.360 39.975 58.880138.697155.360171.794206.245
Distritos e barrios Distrito 1: Plaça de Catalunya i Escola Industrial, Cementiri Vell, Centre, Vallparadís e Antic Poble de Sant Pere. Distrito 2: Montserrat, Vilardell, Torre-sana e Ca n'Anglada. Distrito 3: Can Parellada, Les Fonts (parte do barrio está dentro do termo municipal de Sant Quirze del Vallès), Can Jofresa, Guadalhorce i Guadiana, Can Palet II, Xúquer, Segle XX e Can Palet. Distrito 4: Ca n'Aurell, La Maurina, La Cogullada, Roc Blanc, Les Carbonelles e Can Palet de Vista Alegre. Distrito 5: Sant Pere, Pla del Bon Aire, Can Roca, Poble Nou i Zona Esportiva, Torrent d'en Pere Parres, Can Boada del Pi, Can Gonteres, Pla del Bon Aire i el Garrot. Distrito 6: Les Arenes, La Grípia, Can Montllor, Sant Llorenç, Sant Pere Nord, Ègara, Can Tusell.
Cultura e tradicións A cidade, é herdeira dun rico patrimonio medieval, modernista e industrial, conta cunha extensa rede de bibliotecas (entre as cales a moderna Biblioteca Central de Terrasa, que acolle o legado, entre outras, da histórica Biblioteca Soler i Palet), arquivos e museos.
Arquivos O Arquivo Histórico Comarcal de Terrasa / Arquivo Comarcal del Vallès Occidental O Arquivo Municipal Administrativo de Terrassa O Arquivo Tobella
Museos miniatura|Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña. o Museo de Terrasa, de titularidade municipal, que ten diversas seccións: Castelo cartuxa de Vallparadís, no Parc de Vallparadís Conxunto Monumental das Igrexas de San Pedro de Terrasa, na antiga vila de Sant Pere Casa Alegre de Sagrera, casa modernista na rúa de Font Vella Torre del Palau, na praza Vella, único vestixio do castelo palau de Terrassa Centro de interpretación da vila medieval de Terrasa Convento de San Francisco, no cal destaca o claustro decorado con cubertas cerámicas O Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña, instalado na antigo vapor Aymeric, Amat i Jover, dependente da Generalitat de Cataluña O Centro de Documentación e Museo Téxtil, xestionado por un consorcio entre o Concello de Terrasa e a Deputación de Barcelona O Museo Parroquial do Santo Espírito, dentro da Catedral, na praza Vella
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Club Natació Terrassa Ligazóns externas Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya