Anaír Rodríguez Rodríguez, nada en Vigo en 1978, é unha tradutora, editora e escritora galega.Ficha na páxina web de Xerais.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, traballa como editora en Edicións Xerais de Galicia. É socia fundadora de Espazo Lectura, asociación gondomaresa a prol da lectura.
Ten elaborado diversos materiais didácticos en lingua galega. Como tradutora, ocupouse de trasladar ao galego distintas obras da literatura infantil e xuvenil.
Publicacións Álbum: Pioneiras. Galegas que abriron camiño (2018). Xerais. 32 páxs. Ilustracións de Nuria Díaz«“Pioneiras” de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, presentación na Libraría Lume», post de Manuel Bragado no blog Brétemas, 8 de marzo de 2018.. ISBN 978-84-9121-310-9. Para a editora: "Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor". Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (2019). Xerais. 32 páxs. Ilustracións de Abi Castillo. ISBN 978-84-9121-464-9. Para a editora: "... fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións". Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas (2025). Con David Rodríguez. Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-734-1.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1978 Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo