Min Yoon-gi (en ), nado o 9 de marzo de 1993 e máis coñecido polos seus nomes artísticos Suga ou Agust D, é un rapeiro, compositor e produtor musical surcoreano. En 2013, debutou como membro do grupo de k-pop BTS, que pertence á compañía Big Hit Entertainment. En 2016, publicou o seu primeiro mixtape en solitario Agust D. De acordo coa Asociación de dereitos de autor de música coreana, Suga ten máis de 60 cancións atribuídas ó seu nome como compositor e produtor, incluída "Wine", de Suran, que lle deu o premio de Tendencia musical do ano nos premios Melon de 2017.

Traxectoria 1993–2010: Primeiros anos Min Yoongi naceu o 9 de marzo de 1993 en Daegu, Corea do Sur. O máis novo de dous irmáns, estudou na escola primaria Taejeon, na escola de educación media Gwaneum e no instituto de Secundaria Apgujeong. Comezou a interesarse no rap despois de escoitar "Reggae Muffin" de Stony Skunk, coidando que era moi diferente de todo o que escoitara anteriormente. Despois de escoitar a Epik High decidiu converterse en rapeiro.

Comezou a escribir letras e a aprender a traballar con MIDI cando tiña 13 anos. Con 17, traballaba a tempo parcial nun estudo de gravación. Dende entón comezou a compor e arranxar música, facer rap e a actuar. Antes de formar parte de Big Hit, deuse a coñecer como rapeiro no mundo underground baixo o nome de Gloss. Como parte da crew de hip-hop D-Town, en 2010 publicou a canción "518-062" en conmemoración da Revolta de Gwangju.

BTS

O seu nome artístico Suga (슈가) provén das primeiras sílabas do termo escolta (슈팅 가드), a posición que ocupaba cando xogaba ó baloncesto na súa época de estudante. Orixinalmente uniuse á comañía como produtor de música, Suga adestrou con Big Hit Entertainment durante tres anos cos membros J-Hope e RM, debutando como membro de BTS no M Countdown da Mnet coa canción "No More Dream" incluída no seu álbum debut 2 Cool 4 Skool. Suga produciu e escribiu as letras de varias cancións en tódolos álbums de BTS.

No ano 2018, foi galardoado coa Orde do Mérito Cultural Hwagwan de quinta clase polo Presidente de Corea do Sur a carón dos outros membros do grupo.

Traballo en solitario En 2016, Suga adoptou o alcume Agust D, que vén das iniciais "DT", forma acurtada da súa cidade de nacemento "Daegu Town" (cidade de Daegu) e "Suga" escrito ó revés. O 15 de agosto publicou un mixtape de balde en SoundCloud co mesmo sobrenome. Renunciou a publicar o proxecto coma un álbum de estudio comercial, ó describilo como "sentirse atrapado nalgún tipo de marco". No álbum tratou temas tales como a súa loita coa depresión e coa fobia social. Fuse TV nomeouno un dos mellores vinte mixtapes de 2016.

En 2017 Suga compuxo a canción "Wine" para a cantante Suran con quen xa traballara anteriormente nunha canción do seu mixtape. A canción acadou o número dous na lista dixital de Gaon e gañou o premio á tendencia musical ("Hot Trend" do ano nos premios de música Melon o 2 de decembro de 2017.*

Suga publicou de novo a seu mixtape en febreiro de 2018 en plataformas na rede para escoitar ou mercar de forma dixital. O éxito da publicación foi tal que acadou o número tres na lista de álbums do mundo da Billboard, o número cinco na lista de álbums Heatseekers e o número 74 na lista de mellores vendas de álbums. Tamén provocou que Agust D, o alias de Suga en solitario, acadara o número 46 na lista de artistas emerxentes da Billboard na semana do 3 de marzo.Agust D Billboard charts:

Premios e nomeamentos Ano Premios Categoría Traballo nomeado Resultado Ref.2017Premios de música MelonTendencia musicalSuran (cantante) e Suga (produtor) por "Wine" do EP Walkin'Gañador

Discografía Mixtapes Título Detalle do álbum Posición máis alta nas listas musicais US World Agust D Billboard charts:

US HeatAgust D Publicado: 15 de agosto de 2016 Selo: Big Hit Entertainment Formato: descarga dixital, streaming musical35

Cancións en lista Título Ano Posición máis alta na listaVendas Álbum Lista dixital GaonUS World"Intro: The Most Beautiful Moment in Life"Aínda que baixo o nome BTS, a intro é de Suga. 2015 110 — KOR: 22,056+Intro: The Most Beautiful Moment In Life Sales:

The Most Beautiful Moment in Life, Part 1"First Love"20163217 KOR: 103,240+Vendas de "First Love":

Wings

Créditos de produción 2013

ArtistaÁlbumCanciónBTS2 Cool 4 SkoolWe Are Bulletproof Pt. 2No More DreamI Like ItO!RUL8,2?N.O.We OnIf I Ruled the WorldCoffeeBTS Cypher Pt. 1Attack on Bangtan Satoori Rap

2014

ArtistaÁlbumCanciónBTSSkool Luv AffairIntro: Skool Luv AffairBoy in LuvWhere Did You Come From?Just One DayTomorrowBTS Cypher Pt. 2: TriptychJumpMiss RightI Like It (Slow Jam Remix)Spine BreakerDark & WildWhat Am I To You?DangerWar of HormoneHip Hop LoverLet Me KnowRainBTS Cypher Pt.3: Killer ft. Supreme BoiWhat Are You Doing?Would You Turn off Your Cellphone?Blanket Kick24/7=HeavenLook Here2nd GradeWake UpThe StarsI Like It Pt. 2Wake Up

2015

ArtistaÁlbumCanciónBTS The Most Beautiful Moment in Life, Part 1 Intro: The Most Beautiful Moment in Life I Need U Hold Me Tight Dope Boyz with Fun Converse High Moving On The Most Beautiful Moment in Life, Part 2 Intro: Never Mind Run Butterfly Whalien 52 My City Dead Leaves

2016

Artista Álbum Canción BTS The Most Beautiful Moment in Life: Young Forever Butterfly (Prologue Remix) Run (Ballad Mix) Run (Alternative Mix) Epilogue: Young Forever Fire Save Me Youth Introduction: Youth Good Day Wishing on A Star For YouAgust DAgust DIntro: Dt sugA ft. DJ FrizAgust DGive It To MeSkit724148140503 at dawnThe LastTony MontanaInterlude; Dream, Reality So Far Away ft. Suran BTS Wings Blood Sweat & Tears First Love BTS Cypher Pt. 4 Two! Three! Interlude: Wings

2017 Artista Álbum Canción BTS You Never Walk Alone Spring Day Outro: Wings A Supplementary Story: You Never Walk AloneSuran Walkin' WineBTS Love Yourself: Her DNA Best of Me Pied Piper Outro: Her Sea

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina de BTS

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Daegu Categoría:Cantantes de Corea do Sur