María Cruz Piñeiro Álvarez, nada en Goián (Tomiño) o 25 de abril de 1960, é unha empresaria e escultora galega máis coñecida como Cuqui Piñeiro.
Traxectoria Filla do escultor e artista galego Xoán Piñeiro Nogueira e licenciada en Xeografía e Historia en 1983, especialidade en Arte Moderna, pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe a fundición de bronce Arte Bronce Fundición e a galería de arte co mesmo nome, compaxinado coa súa faceta como artesá fundidora de esculturas de bronce, con propósito de destacar o oficio de broncista, na que desenvolve a súa propia obra creativa en pezas únicas, deseños e series de figuras, animais e formas extraídas da propia natureza. Foi comisaria de diversas exposicións como a Exposición II Bienal de Artistas Galegas (Casa dás Artes. Concello de Vigo), a Exposición Xoán Piñeiro 1920-1980 (Castelo de Soutomaior, Deputación Provincial de Pontevedra), ambas as dúas en 1990 ou a tamén dedicada ao seu pai, na Casa dos Alonso da Guarda en 2013, entre outras.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Arte Bronce Fundición Fundación Xoán Piñeiro Ficha da artista en Mulleres Expertas.info
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela