A gibbsita é unha das formas minerais do hidróxido de aluminio.gibbsita no TERGAL. Centro Ramón Piñeiro.
Habitualmente descríbese como γ-Al(OH)3, aínda que ocasionalmente aparece reflectida como α-Al(OH)3.
Descubrimento, descrición, nome e sinónimos miniatura|esquerda|185px|George Gibbs.
Este mineral foi descuberto por primeira vez en Richmond, no condado de Berkshire, Massachusetts, polo que inicialmente se coñeceu como richmondita.
Inicialmente foi descrito por Dewey en 1820, baixo o nome de wavellite.Dewey (1820): American Journal of Science 2: 249.
Pero foi a descrición do mineraloxista estadounidense John Torrey en 1822 a que é referencia.
Este autor dedicouno a George Gibbs (1777-1834), mineraloxista e recolledor de minerais estadounidense, dono da colección de minerais Gibbs, que foi adquirida pola Universidade Yale no século XIX.Torrey (1822): New York. Med. Phys. Journal 1 (1): 68.
Un sinónimo moi utilizado para designar este mineral é hidrarxilita.
A etimoloxía deste nome deriva da unión das palabras do grego antigo ὕδωρ hydōr, "auga" e ἄργιλλος árgillos, "arxila" .Pape, Wilhelm (1914): Handwörterbuch der griechischen Sprache. Braunschweig: Vieweg & Sohn. (ὕδωρ e ἄργιλλος).
Menos usuais son os sinónimos: claussenita,Société française de minéralogie et de cristallographie, Société minéralogique de France, Société française de minéralogie - 1915 p. 10.gibbsitogelita,Bauer, M.; E. Koken & Th. Liebisch (1904): Centralblatt für Mineralogie, Geologie und Paleontologie. Stuttgart: E. Schweizerbart'sche Verlagshandlung. ebeta-kliachita.
Propiedades miniatura|250px|Gibbsita azulada. As principais propiedades da gibbsita son: A súa cor vai da branca a agrisada ou verdosa. Ten unha dureza de 2,5 a 3 na escala de Mohs (comparábel á da calcita) A súa masa específica é de 2,40 g.cm−3 A súa exfoliación é perfecta, basal. Desprende un forte olor a arxila cando se respira sobre el. É solúbel en ácido sulfúrico quente. Cando se quenta non funde, pero calcínase, liberando auga; vólvese branco e endurece. Preséntase en agregados globulares ou estalactíticos de aspecto fibroso radiado (semellantes aos da calcedonia), ou en cristais tabulares pseudohexagonais, fecuentemente en maclas. Os seus raros cristais pseudohexagonais poden alcanzar os 3 cm de lonxitude.Anthony, John W.; Richard A. Bideaux; Kenneth W. Bladh & Monte C. Nichols (1997): The Handbook of Mineralogy: Halides, Hydroxides, Oxides, Vol. III. Tucson, Texas, USA: Mineral Data Publishing. ISBN 978-0-9622-0972-7.
Politipos
A gibbsita ten tres politipos: bayerita, descrita habitualmente como α-Al(OH)3, aínda que ás veces como β-Al(OH)3, doyleita, e nordstrandita.
A gibbsita e a bayerita cristalizan no sistema monoclínico, mentres que a doyleita e a nordstrandita fano no triclínico.
Estrutura cristalina miniatura|250px|Estrutura da gibbsita. A estrutura da gibbsita é análoga á estrutura básica das micas. Está formada por capas ou láminas de octaedros de hidróxido de aluminio apiladas. Os octaedros están formados por ions de aluminio (Al3+) coordinados octaedricamente con seis ions hidroxilo (OH-). Cada un destes hidroxilos está unido só a dous ions de aluminio, porque nun de cada tres octaedros está ausente o catión central. O resultado é unha lámina electricamente neutra. A falta de carga eléctrica nas láminas de gibbsita fai que non sexa necesaria a existencia de ions entre elas actuando como nexo de unión entre as mesmas. En consecuencia, as capas só se manteñen unidas por cargas residuais.
A estrutura da gibbsita está estreitamente relacionada coa da brucita (Mg(OH)2). Porén, a menor carga positiva do Mg2+ fronte ao Al3+ implica que non é necesario que un de cada tres octaedros estea vacante. A diferente simetría da gibbsita e a brucita é o resultado do distinto modo en que as láminas se apilan.
A estrutura básica do corindón (Al2O3) é idéntica á da gibbsita, coa diferenza de que os hidroxilos están substituídos por oxíxeno (O2-). A maior carga do O2- provoca que as láminas non sexan neutras, motivando que se unan con outros catións de aluminio adicionais —situados encima e debaixo—, o que dá como resultado a estrutura tridimensional do corindón.
Así mesmo, a gibbsita é interesante porque a miúdo forma parte da estrutura doutros minerais. Capas neutras de hidróxido de aluminio aparecen intercaladas entre láminas de importantes silicatos do grupo da arxila; así sucede na illita, a caolinita e nos filosilicatos do grupo da esmectita. As capas individuais de hidróxido de aluminio son idénticas ás láminas de gibbsita e como tal se consideran.GIBBSITE (Aluminum Hydroxide)
Orixe Este mineral é produto da alteración epixenética doutros minerais de aluminio.
A bauxita e os hidróxidos de aluminio A bauxita, principal mena do aluminio, non é un mineral, senón unha rocha sedimentaria produto da alteración, por meteorización, de rochas que conteñen silicatos de aluminio e pouco cuarzo libre, como por exemplo, a sientia nefelínica e, sobre todo, as calcarias arxilosas, e constituída fundamentalmente por hidróxidos de aluminio (bohemita, diásporo, gibbsita e cliachita —ou alumogel—), acompañados de hematita (óxido de ferro III), minerais arxilosos e algo de cuarzo. Na súa alteración nun clima tropical, cálido e húmido, prodúcese o arrastre de todos os seus compoñentes agás os hidróxidos de alumninio e de ferro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bögel, Hellmuth (1971): Los minerales. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Díaz G.-Mauriño, Carlos (1991): Diccionario de términos mineralógicos y cristalográficos. Madrid: Alianza Editorial. S. A. ISBN 84-206-5237-7. Greenwood, N. N. & Earnshaw A. (1997): Chemistry of Elements, 2nd edition. Oxford, Reino Unido: Butterworth and Heinemann. ISBN 978-0-7506-3365-9. Hurlbut, Cornelius S. & Klein, Cornelis (1985): Manual of Mineralogy, 20th ed. Nova York, NY: John Wiley and Sons. ISBN 0-471-80580-7. Schumann, Walter (1974): Rocas y minerales. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0397-0.
Outros artigos Bauxita Lista de minerais
Ligazóns externas
Gibbsite en Mindat.org . Gibbsite Mineral Data . Gibbsite en Handbook of Mineralogy . Gibbsite (Gibbsit) en Mineralienatlas - Fossilienatlas .
Categoría:Minerais Categoría:Substancias químicas Categoría:Compostos químicos Categoría:Bases Categoría:Hidróxidos