miniatura|250px|Calcita, forma estábel do CaCO3. miniatura|250px|Aragonita, forma menos estábel do CaCO3.
En mineraloxía, a epixénese é o cambio de natureza química dun mineral, sen que se modifiquen a súa estrutura e a súa forma anteriores.
Etimoloxía O termo está formado polo elemento do latín científico epi-, calco do grego antigo ἐπι-, "sobre", e o vocábulo grego γένεσις génesis, "orixe", "formación".
Foi introducido na mineraloxía moderna polo mineraloxista e abade francés René Just Haüy (1743-1822), fundador, canda Jean-Baptiste Romé de L'Isle, da cristalografía xeométrica, co nome de épigénie.Voz épigénie no Trésor de la Langue Française informatisé.
En petroloxía foi empregado por primeira vez polo xeógrafo e xeólogo alemán Ferdinand von Richthofen (1833-1905), probabelmente na súa obra de 1886 Führer für Forschungsreisende (Guía para o investigador viaxeiro).
Epixénese en mineraloxía A epixénese mineralóxica consiste nun conxunto de procesos exóxenos que interveñen na formación de novos minerais na superficie ou en capas superficiais da litosfera, nos que participan o quimismo dos propios minerais superficiais, a actuación da auga e os compoñentes da atmosfera (dióxido de carbono, oxíxeno, auga) e a actividade dos seres vivos.
Pódese observar, por exemplo, a transformación da calcita en dolomita, e despois en sílice.
Así mesmo, os minerais silícicos poden ser tamén subctituídos pola calcita.
Os minerais que sofren este proceso coñécense co nome de minerais epixenéticos. estes minerais formáronse despois da formación da rocha que os contén.
Epixénese orgánica
Os organismos poden sufrir unha substitución mineralóxica durante a súa evolución post mortem. Por iso é frecuente encontrar este tipo de epixénese nos procesos de fosilización, polo que estes precesos son moi importantes na paleontoloxía.
miniatura|200px|Tronco petrificado.
A petrificación, termo formado pola raíz do latín petra, "pedra" e -ficación,petrificar e perificación en VV. VV. (2009): Gran dicionario Xarais da lingua. Tomo 2. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-071-8. que se define como "converter ou transformar algo en pedra" ou "facer algún material duro ou endurecelo" (tamén se refire, figuradamente, a "deixar a alguén paralizado de terror ou asombro"),petrificación no Dicionario da RAG.petrificar no Dicionario da RAG. é un caso particular de epixénese orgánica.
Na natureza, a mineralización ou litificación é o caso máis frecuente de petrificación (que neste caso sería o termo vulgar correspondente).
Un corpo orgánico enterrado entre capas xeolóxicas perde, por putrefacción e descomposición, a materia orgánica; pero se os espazos baleiros son reenchidos por substancias minerais en disolución achegadas polas augas que impregnan o terreo, o corpo ou resto orgánico, será mineralizado (petrificado), transformándose en rocha (pedra).
Nos ósos coñécese o seu grao avanzado de fosilización por mineralización, porque son moito máis densos que cando non están fosilizados.
Polo xeral é o carbonato cálcico a substancia fosilizante máis común. Tamén o son a sílice, os óxidos e os carbonatos de ferro; máis rara vez o xofre, como acontece nos moluscos fósiles de Libros (Teruel), e, nalgúns casos, a pirita e o xeso.
Algunhas veces a mineralización realízase substituíndo a materia orgánica orixinal partícula a partícula, case molécula a molécula. Este caso denomínase 'permineralización, e adoita conservar a estrutura microscópica del corpo. Constitúe un exemplo ideal deste fenómeno un tronco, no cal a materia foi substituída por sílice, conservándose a estrutura das fibras, aneis e nós da madeira.
No caso de sedimentos que se transforman en rochas sedimentarias consolidadas úsase o termo litificación.
Epixénese mineralóxica en fósiles Un fósil, despois de formado, pode sufrir, segundo as condicións físico-químicas ás que posteriormente estea sometido, e mediante un proceso de metasomatismo, unha substitución do mineral que inicialmente o formaba por outro distinto.
Galería da epixénese en paleontoloxía
Notas
Véxase tamén Bibliografía Díaz G.-Mauriño, Carlos (1991): Diccionario de términos mineralógicos y cristalográficos. Madrid: Alianza Editorial. S. A. ISBN 84-206-5237-7. Meléndez, Bermudo e Fuster, José Mª (1980): Geología, 4ª ed. Madrid: Paraninfo. ISBN 84-283-0956-6. VV. AA. (1999): Diccionario esencial de las ciencias. Madrid: Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales / Espasa. ISBN 84-239-7921-0.
Categoría:Termos de mineraloxía Categoría:Fósiles