Anthony "Tony" Lionel Shelly, nado o 2 de febreiro de 1937 e finado o 4 de outubro de 1998, foi un piloto de carreiras neozelandés.
Competiu na Fórmula 1 en , participando en 3 Grandes Premios do Campionato do Mundo e varias carreiras fora do campionato. Non logrou puntuar nunca no Campionato do Mundo. Tamén posuía un concesionario de BMW chamado Shelly Motors en Honolulu. A empresa anteriormente pertencía ao pai de Shelly e fora vendida á súa morte. Shelly posteriormente volveu a adquirir o negocio e converteuse nun cidadán americano en 1975. Dividiu o seu tempo entre unha casa en Honolulu e outra en Nova Zelandia, onde morreu.
Traxectoria Shelly fixo o seu debut no automobilismo en xaneiro de 1955, participando cun Morgan na clase Sports Car para o Gran Premio de Nova Zelandia. Shelly cualificou pero non comezou a carreira. Shelly gañou "a primeira gran carreira que disputou" en Teretonga en 1958pilotando un Cooper e converteuse nun piloto líder en Australia e Nova Zelandia antes de desprazarse as carreiras en Europa en 1962. Pilotou principalmente para John Dalton, xeralmente en carreiras fora do campionato con relativo éxito, un quinto no Lombank Trophy e un terceiro na Lavant Cup sendo o máis destacado da súa tempada. Tamén participou en tres carreiras do campionato do Mundo de Fórmula Un, o Gran Premio do Reino Unido de 1962, onde se retirou cunha xunta de culata rota, en Nürburgring e no Gran Premio de Italia de 1962, onde non conseguiu cualificar en ningunha ocasión. Ao final da tempada regresou a Nova Zelandia, onde continuou competindo en 1963 e 1964 tralo calretirouse, aínda que competiu ocasionalmente a partir de entón.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos John Dalton Lotus 18/21 Climax 4 en liña NED MON BEL FRA GBRRet ALENSC NC 0 Autosport Team Wolfgang Seidel Lotus 24 BRM V8 ITANSC USA RSA
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Nova Zelandia Categoría:Finados en 1998 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Nova Zelandia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Autosport Team Wolfgang Seidel