A hemolina é unha proteína similar a unha inmunoglobulina que se encontra exclusivamente en lepidópteros (avelaíñas e bolboretas). Descubriuse en pupas co sistema inmunitario estimulado das especies Hyalophora cecropia e Manduca sexta.

A hemolina ten unha estrutura cristalina con forma de ferradura con catro dominios e lembra a proteína do desenvolvemento neurogliana. miniatura|A hemolina de Hyalophora cecropia superposta á proteína neurogliana. As diferenzas preditas entre as proteínas foron salientadas en vermello. Feita no Swiss Protein Database Viewer.

A hemolina multiplícase por 18 ata os 7 mg/mL despois da inxección de bacterias en H. cecropia. A indución da hemolina en avelaíñas despois da inxección bacteriana detectouse en varias especies como Antheraea pernyi, Bombyx mori, Helicoverpa zea, Heliothis virescens, Hyphantria cunea, e Samia cynthia.

Suxeriuse que a hemolina participa na resposta inmune a infeccións por virus e únese ás partículas víricas. Exprésase en resposta á presenza de ARN bicatenario (dsRNA) de modo dependente da dose. Galleria melonella responde á captación de cafeína polo incremento da expresión da proteína hemolina.

O xene da hemolina pénsase que é o resultado da duplicación xénica do xene da proteína do desenvolvemento neurogliana, pero perdeu dous dos dominios proteicos que contén a neurogliana. Na súa función potencial como proteína do desenvolvemento, a hemolina increméntase preto do tempo da pupación en Manduca sexta, e é inducida durante a diapausa e pola 20-hidroxiecdisona en Lymantria dispar. A interferencia de ARN (RNAi) da hemolina causa malformacións en H. cecropia.

Notas

Categoría:Inmunoloxía