TRACE, acrónimo de Transition Region and Coronal Explorer, foi un observatorio espacial da NASA lanzado nun foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 2 de abril de 1998.

Características A misión de TRACE foi estudar o Sol no ultravioleta, para o cal levaba un telescopio de 30 cm de apertura a bordo cun campo de visión de 8,5 minutos de arco e unha resolución de 1 segundo de arco. Entre os obxectivos de TRACE estaban:

Seguir a evolución das estruturas do campo magnético solar, desde o interior ata a corona. Estudar o mecanismo de quecemento da atmosfera solar exterior. Descubrir as causas das erupcións solares e das execcións de masa.

A nave estabilizábase nos tres eixos e a enerxía era proporcionada por catro paneis solares que proporcionaban uns 200 vatios de potencia que alimentaban unha batería cunha capacidade de 9 amperio-hora. As comunicacións tiñan lugar en banda S mediante un transpondendor de 5 W de potencia. O observatorio foi posto fóra de servizo o 21 de xuño de 2010.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pegasus XL Ligazóns externas TRACE na web da (NASA).

Categoría:Satélites artificiais