O aeroporto de Perth é un aeroporto que serve a Perth, a capital e cidade máis grande do estado de Australia Occidental. Está situado nun suburbio do mesmo nome dentro dos límites da Cidade de Swan.
Dende o ano 1997 vén sendo operado por Perth Airport Pty Limited, unha compañía privada, baixo unha concesión de 99 anos por parte do goberno australiano. Perth está considerado o aeroporto máis versátil de Australia.
É o cuarto aeroporto máis concorrido de Australia e opera voos cara a destinos en Australasia e o océano Índico, ademais de Xohanesburgo, Doha, Dubai, Abu Zabi, Cantón e Hong Kong.
O número de pasaxeiros medrou fortemente nos primeiros 12 anos do século XXI, principalmente debido ao auxe da minería no estado e a un incremento do tráfico de aeroliñas de baixo custo internacionais. Dende o ano 2012, co fin do auxe da minería, o número de pasaxeiros domésticos descendeu. O aumento nas cifras mantívose nestes anos grazas aos servizos internacionais.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Perth