dereita|miniatura|Margaret Sanger e Charles V. Drysdale na apertura da Sexta Conferencia Mundial Neomalthusiana e sobre Control de Natalidade celebrada no Hotel McAlpin, Nova York, USA en 1925Pictures -Margaret Sanger & Charles V. Drysdale - Library of Congress. Charles V. Drydale foi un neomalthusiano prolífico, entre outros libros, escribiu A Crusade against Poverty (1906) e The Empire and the Birth-Rate (1914). Maternidade libre, responsable ou consciente é unha lema feminista“Por una maternidad libre y responsable, por un aborto seguro” , Arainfo, 27/7/2013Mujer: Derechos de la mujer en la maternidad, Declaración de Barcelona, Relaciones Tn que reivindica a liberdade da muller para decidir sobre a súa reprodución ou maternidade, utilizando a planificación familiar -métodos anticonceptivos e interrupción voluntaria do embarazo- co obxectivo de procrear ou non descendentes e, no seu caso, decidir sobre o número de fillos, así como o momento e as circunstancias -sociais, económicas e persoais- nas que se desexa telos.Family planning - WHO
Antecedentes históricos da maternidade libre Neomalthusianismo O neomalthusianismo (finais do século XIX e principios do século XX) consideraba un problema o exceso de familias numerosas e a reprodución ilimitada das clases pobres xa que as condenaba a unha vida miserábel. Para resolver esta situación propuñan a toma de conciencia social e individual da necesidade da procreación limitada ou procreación consciente do proletariado, a separación entre sexualidade e reprodución, a defensa da maternidade libre, a liberación feminina, a liberdade sexual, a promoción da planificación familiar, o coidado dos nenos así como o uso e difusión de métodos anticonceptivos artificiais.[La ecología humana en el anarquismo ibérico: urbanismo "orgánico" o ecológico, neomalthusianismo, y naturismo social], Eduard Masjuan Bracons, 2000, Icaria, Antrazyt, ISBN 84-86864-42-9Malthusianismo, Neomalthusianismo, Crítica, en filosofía.org
Paul Robin fundou en 1896 a Liga da Rexeneración Humana de Francia cuxa presidencia de honra ostentou o inglés George Drysdale, autor de Elementos de Ciencia Social, libro de 1854 que será referencia para o neomalthusianismo francés e español. O seu irmán Charles R. Drysdale, tamén pioneiro do neomalthusianismo, escribiu, entre outros, os libros The Population Question (1892) e The Cause of Poverty (1891).[La ecología humana en el anarquismo ibérico: urbanismo "orgánico" o ecológico, neomalthusianismo, y naturismo social, Icaria, Antrazyt, ISBN 84-86864-42-9, Segunda parte, páxs. 205 e ss] A Liga da rexeneración humana será disolta en 1908. Eugene Humbert e Jeanne Humbert foron dous dos líderes do movemento que continuaron a difusión das ideas neomalthusianas e dos métodos anticonceptivos, mesmo despois de ser prohibidos por lei en 1920. O seu activismo valeulles varias estancias no cárcere. Eugene Humbert foi director da revista Génération Consciente, denominado Órgano de propaganda para a limitación voluntaria de nacementos (Organe de propagande pour la limitation volontaire des naissances, Néo-Malthusianisme).[Jean_Marestan Jean Marestan], Le Mariage, l'Amour Libre et la Libre Maternité, Génération Consciente
Entre as publicacións neomalthusianas nas que se reivindicaba a libre maternidade, están o opúsculo de 1906 de Paul Robin 'Libre amour, libre maternite' e o libro de Jean Marestan de 1902 Le Mariage, l’amour libre et la libre maternité.. En España, en 1906 - Luís Bulffi de Quintana publica Folga de ventres! Medios prácticos para evitar as familias numerosas (¡Huelga de vientres! Medios prácticos para evitar las familias numerosas), un panfleto de 32 páxinas sobre o control da procreación. Desde o neomalthusianismo demandábase a asunción dos seus postulados polo feminismo da época.Véxase neste sentido 'French fenimism and Maternity -Theories and policies-, 1890-1918', en Maternity and Gender Policies: Women and the Rise of the European Welfare, 1991, o libro de 1907 escrito por Nelly Roussel, 'La Liberté de la Maternité' e o libro de 2011 de Anne Cova Féminismes et néo-malthusianismes sous la IIIe République: La liberté de la maternité, L'Harmattan.
Comezos da planificación familiar O desexo de ter ou non fillos era unha cousa e outra a posibilidade efectiva de acceder aos métodos anticonceptivos e no caso do aborto inducido poder acceder en condicións sanitarias e legais e evitar así os abortos inseguros que causaban unha alta mortalidade materna. Xorde entón o concepto de planificación familiar que inclúe tanto a educación sexual como o acceso a métodos anticonceptivos e a práctica da interrupción voluntaria do embarazo.
A estadounidense Margaret Sanger (1879-1966) e a británica Marie Stopes (1880-1958) considéranse pioneiras na reivindicación da planificación familiar, na apertura das primeiras clínicas de control de natalidade así como na creación das primeiras asociacións nacionais e internacionais de control da natalidade.
Margaret Sanger foi unha enfermeira activista a favor da planificación familiar e fundadora, en 1921, da 'Liga americana para o control da natalidade' (American Birth Control League) que se convertería en 1942 na 'Federación americana para a planificación familiar' (Planned Parenthood Federation of America - PPFA) que, xunto a outras asociacións similares de numerosos países, constituíu en 1952, na India, a Federación Internacional de Planificación Familiar da que Sanger foi presidenta até 1959.International Planned Parenthood Federation IPPF con sede en LondresRoland Pressat. Introducción a la demografía, Ariel, 1989, ISBN 84-344-1033-8, páx.83.Margaret Sanger biography, biography.com
Marie Stopes foi unha paleobotánica, académica e activista dos dereitos da muller e, como Sanger, pioneira no campo do control da natalidade. As súas contribucións á paleontoloxía vexetal considéranse significativas, foi a primeira muller académica na Universidade de Mánchester. Co seu segundo marido Humphrey Verdon Roe fundou a primeira clínica para o control da natalidade en Gran Bretaña. Stopes editou o boletín Birth Control News onde se daban consellos prácticos explícitos. O seu manual de sexo Married Love (O amor conxugal) foi polémico e influente xa que puxo no discurso público o tema do control da natalidade. Stopes nunca estivo a favor do aborto inducido xa que consideraba que a prevención -co uso adecuado de métodos anticonceptivos- era suficiente.
Dereitos reprodutivos, planificación familiar e dereitos sexuais Dereitos reprodutivos A institucionalización dos dereitos reprodutivos prodúcese en 1984, cando aparece o concepto -no marco de Nacións Unidas e a Organización Mundial da Saúde- na Conferencia de Teherán de 1968 e na definición de Bucarest (Conferencia sobre Poboación de 1974) como un dereito fundamental tanto das parellas como dos individuos.
No Programa de Acción da Conferencia Internacional sobre Poboación e Desenvolvemento - O Cairo 1994 dáse esta definición dos dereitos reprodutivos:
Planificación familiar A inclusión e integración da planificación familiar dentro do campo dos dereitos reprodutivos e da saúde reprodutiva prodúcese por primeira vez na Conferencia Internacional para mellorar a saúde das Mulleres e os Nenos por medio da Planificación Familiar, en Nairobi, Kenya, (5 a 9 de outubro de 1987).
En numerosos países os servizos de planificación familiar pasaron a ser parte da rede sanitaria. Os servizos de planificación familiar ofrecen un conxunto de prestacións ofrecidas por profesionais sanitarios especializados que inclúen actividades e prácticas educativas, preventivas, médicas e sociais que lles permiten aos individuos, incluídos menores, determinar libremente o número e espazamento dos seus fillos e seleccionar o medio máis adecuado ás súas circunstancias. Para iso ofrecen información e acceso aos distintos métodos anticonceptivos así como asistencia médica especializada para conseguir espazar os embarazos desexados e evitar os embarazos non desexados. A finalidade última da planificación familiar consiste en mellorar a saúde da nai, dos seus fillos e da familia en xeral. Neste sentido, as medidas preventivas de saúde básicas recoñecidas son o espazamento dos partos, a limitación do tamaño da familia e a programación dos nacementos.
Dereitos sexuais O dereito á sexualidade considérase un dereito humano polo que se recoñece a liberdade para expresar a propia sexualidade sen discriminación por motivos de orientación sexual. O dereito á sexualidade recoñece o dereito a liberdade de orientación sexual das persoas e a súa diversidade, xa sexa esta heterosexual, homosexual (lesbianas, gais, bisexuais e persoas transxénero) (LGBT) así como a protección deses dereitos. O dereito á non discriminación é a base do dereito á sexualidade, pero está estreitamente relacionado co exercicio e a protección doutros dereitos humanos fundamentais.[Antrazyt,Jyoti Shankar Singh, Un nuevo consenso sobre población: balance y propuestas en el umbral del ..., páx. 65]OMS- Salud reproductiva
Métodos anticonceptivos A Organización Mundial da Saúde (OMS) estabelece criterios médicos para elixir o uso dun ou outro método anticonceptivo. Estes criterios pretenden garantir que as mulleres e os homes de todo o mundo teñan acceso a servizos de planificación familiar seguros e de alta calidade.Métodos anticonceptivos en RHO - Planificación familiar y criterios de elegibilidadCriterios de elegibilidad de la OMS en RHOPlanificación familiar en Reproline- WHO -en español- World Health Organization Selected Practice Recommendations for Contraceptive Use, 2002
Métodos anticonceptivos preventivos Entre os métodos anticonceptivos de barreira están o preservativo, o diafragma, o capuchón cervical e o LeaContraceptivum. Entre os métodos anticonceptivos físico-biolóxicos está o DIU. Entre os métodos hormonais están o anel vaxinal, a pílula anticonceptiva, anticonceptivo subdérmico, a pílula trifásica, os parches anticonceptivos, as hormonas inxectábeis e o dispositivo intrauterino de hormonas. Entre os métodos químicos está os espermicidas. Entre os métodos permanentes a ligadura de trompas, vasectomía e a histerectomía.Histerectomía en MedlinePuls
Anticonceptivos de emerxencia Adminístranse despois de realizado o coito e ante a posibilidade dun embarazo non desexado: acetato de ulipristal (coñecido como pílula dos cinco días despois, marca ellaOne), Levonorgestrel (coñecido como pílula do día despois ou pílula do día seguinte), Mifepristona (é o anticonceptivo de emerxencia de referencia en países como China e Rusia), dispositivo intrauterino (inserido despois do coito).
Aborto inducido
O aborto inducido ou interrupción voluntaria ou intencional do embarazo consiste en provocar a finalización prematura do desenvolvemento vital do embrión ou feto antes de que a xestación avance, a súa práctica é levada a cabo xa sexa como aborto con medicamentos ou como aborto cirúrxico. A práctica do aborto inducido está tipificada de maneira moi distinta segundo os países xa que estes dan un tratamento xurídico do aborto moi distinto, desde o aborto libre durante un número de semanas de xestación até a prohibición total.
Aborto con medicamentos
O medicamento de referencia é a Mifepristona, que en doses altas, adminístrase para a práctica do aborto con medicamentos xunto con Misoprostol e úsanse entre as primeiras 7 a 9 semanas de embarazo (49 a 63 días).
Aborto cirúrxico
O aborto cirúrxico é o conxunto de técnicas cirúrxicas que teñen o fin de provocar un aborto inducido (utilizando distintas técnicas dependendo das circunstancias, diagnóstico e tempo de xestación.Comparación del Aborto Quirúrgico y El Aborto por Pastilla, .fwhc.org
Reprodución asistida e Inseminación artificial