O aeroporto internacional de Sochi é un aeroporto situado no distrito de Adler da cidade rusa de Sochi, no krai de Krasnodar na costa do mar Negro. O aeroporto de Sochi está entre os dez máis grandes de Rusia, con 5 263 275 pasaxeiros no ano 2016.
O aeroporto está operado por unha compañía conxunta internacional do grupo Basic Element, Sberbank e Changi Airports International. Foi recoñecido como o mellor aeroporto rexional no 3º foro anual "Development of Russia and CIS airports – 2013". O aeroporto de Sochi foi a principal porta de entrada durante os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. No mes de febreiro dese ano pasaron polas súas instalacións ao redor dos 350 000 pasaxeiros. Durante a celebración dos Xogos xestionáronse unhas 2 800 tonaledas de equipaxe.
Aeroliñas e destinos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Sochi