STS-98 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 7 de febreiro de 2001 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-98, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth Cockrell, o piloto Mark Polansky e os especialistas de misión Robert Curbeam, Thomas Jones e Marsha Ivins. Durante a misión instaláronse os módulos Destiny e PMA-2 e fixéronse tres actividades extravehiculares.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 20 de febreiro de 2001.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS