STS-86 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 26 de setembro de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-86, con seis astronautas (James D. Wetherbee, Michael J. Bloomfield, Vladimir G. Titov, Scott E. Parazynski, Jean-Loup Chrétien, Wendy B. Lawrence e David A. Wolf) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir para transferir subministracións e tripulación e facer experimentos a bordo. O Atlantis, o día da partida, voou arredor da estación para buscar unha fuga no módulo Spektr causada pola colisión dunha nave Progress.
O Atlantis chegou á estación o 27 de setembro. Durante a súa estancia tivo lugar a primeira actividade extravehicular conxunta entre un astronauta estadounidense e un cosmonauta ruso e transferíronse máis de catro toneladas desde o módulo Spacehab do transbordador á Mir. Tamén se fixeron unha serie de probas para estudar a resistencia estrutural da estación e varios experimentos a bordo.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 6 de outubro de 1997 con Michael Foale a bordo e deixando a Wolf na Mir.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS